Redacción.
O portavoz do Goberno heleno, Pantelis Kapsis, asegurou que se Grecia non recibe axiña o segundo resgate de 130.000€ deixará o euro e estarán "fóra dos mercados". Para o segundo da resgate da troika (FMI, UE e o BCE) só restan unhas semanas e Grecia debe negociar coa banca un desconto de 50% dos seus bonos.
Segundo diversos xornais a declaración é unha advertencia pública coa que o Goberno pretende fortalecer o respaldo público ás fortes medidas de austeridade e posibelmente tamén enviar unha mensaxe aos seus acredores, cun importante vencemento de bonos no mes de marzo que poden conducir para unha suspensión de pagos. No entanto, o novidoso da declaración é que até agora Atenas e os socios da UE evitaban amosar en público o posíbel cenario dunha saída do euro polas consecuencias que tería para o resto de estados da Eurozona. Segundo o Goberno grego á volta ao dracma sería "un inferno" polo que hai que voltar apostar pola austeridade.
A troika quer un acordo polo que a débeda de Grecia sexa de 120% do PIB de aquí a 2020, após receber 130.000 millóns de euros a través dun segundo "resgate" de por volta de 130.000 millóns de euros e obter unha quita da débeda de 50% da bancocracia que ten no seu poder o destino de Grecia - uns 100.000 millóns de euros-. Non fai falla ser matemáticos para ver como a "quita" realmente é unha inxección de diñeiro do BCE e o FMI á banca privada ao tempo que se apertan máis as porcas sobre unha poboación que non dá xa máis de si.
Nenhum comentário:
Postar um comentário