Información tirada de Insurgente (aquí) e traducida por nós.
(Unha reportaxe do coronel Amadeo Martínez Inglés).- Tras o escándalo Urdangarín, a Casa Real española, para tratar de minimizar as desastrosas consecuencias que do mesmo se poden derivar para a propia supervivencia da institución, decidiu, tras trinta e cinco anos de total escurantismo, publicar as súas contas cortesás. Pero fíxoo nunha mínima parte, referidas exclusivamente á partida (8,42 millóns de euros) que para o mantemento da mesma contemplan os Orzamentos Xerais do Estado e que apenas representa o 1,5% do total de gastos anuais que a actual monarquía xoancarlista carga no debe de todos os cidadáns deste país.
Como ao abeiro do escándalo que acabo de sinalar os cidadáns españois veñen preguntándose a diario, a través dos medios de comunicación, a canto ascende en realidade a suma que o Estado español dedica tanto ao rei Xoán Carlos I como á súa extensa e variada familia así como a dedicada a manter todo o aparato rexio de palacios, leiras, viaxes, agasallos... etc, sen que até o día de hoxe os organismos oficiais concernidos se dignaran a ofrecer eses gastos, só dunha maneira moi parcial, vinme na obrigación moral, como historiador e investigador militar, de acometer eu mesmo a ardua e complexa tarefa de cuantificalos con todo detalle para coñecemento do pobo español. Tarefa que realicei, non sen amplas dificultades, sobre a base de informacións procedentes dos ministerios e organismos implicados así como de particulares coñecedores dos mesmos. E, por suposto, botando man dos datos e coñecementos que posúo despois de moitos anos prestando servizo na cúpula castrense española.
As cifras que a continuación saco a relucir baséanse, sempre que é posíbel, en datos oficiais contemplados nos PGE e cando estes non existen ou os departamentos ministeriais afectados (Defensa, Interior, Presidencia, Facenda) deron a calada por resposta (pode ser mesmo que eles non o saiban), en estudos e previsións apoiados en cifras estatísticas de moi amplo rigor profesional.
Se o Goberno do señor Rajoy (supondo que el saiba algo de todo isto) atopase algunha inexactitude no cadro/resumen dos gastos reais que expoño a continuación, convídolle a que fale (se pode) e se non que cale. Non para sempre, desde logo, senón até que decida meter a tesoira neles de forma exhaustiva, xa que pode aforrar neste capítulo varios centenares de millóns de euros suprimindo os avións VIP do Exército do Aire (a raíña de Inglaterra usa voos charter para os seus desprazamentos oficiais), as leiras de recreo ao servizo da nosa maxestade borbónica (que o rei se deixe de palacios que pagamos todos os españois e finánciese as vacacións co seu avultado peculio como nos toca facer a calquera mortal), o custoso Rexemento da Garda Real (unha unidade protocolaria sen ningún valor operativo, capricho do actual monarca), o mantemento de iates, coches de luxo... e demais bicocas dun xefe do Estado que non deixa de ser unha figura decorativa, moi cara, iso si, ao fío dos números que a continuación vou expor.
Coa supresión de todo o aparato cortesán que rodea na actualidade á chamada familia real española, poderá con toda seguridade o señor Rajoy reducir o abracadabrante déficit actual do Estado español moito mellor que quitándolle unhas migallas do seu soldo a funcionarios, pensionistas e xubilados.
Gastos da Casa Real española
1.- Asignación directa nos PGE 8.434.280
2.- Ministerio da Presidencia

2a.- Apoio á xestión administrativa da Xefatura do Estado
Gastos de persoal (135 funcionarios e eventuais) 6.203.070
2b.- Servizos á Coroa e actos do Estado
Recepcións, audiencias, ceas de gala, visitas. Oficial para 2011: 10.015.400 millóns. Media 5 últimos anos15.500.000
2c.- Sostemento do Patrimonio Nacional
Mantemento e conservación de Palacios e xardíns afectados ao uso da familia real 34.217.000
2d.- Mantemento doutros bens en usufruto pola familia real: iates, coches, fincas de recreo...
Non oficial. Estimado 5 últimos anos 41.000.000
3.- Ministerio de Defensa
3a.- Rexemento da Garda Real (Persoal, Loxística, Acuartelamentos, Armamento...)
Media 5 últimos anos 80.000.000
3b.- Cuarto Militar
Media 5 últimos anos 45.000.000
3c.- 45 Grupo de Forzas Aéreas (Transportes VIP,s)
Media de horas de voo 5 últimos anos: 3.500
Porcentaxe Casa real: 70%
Adquisición de material de voo, mantemento, persoal, acuartelamentos, loxística, viaxes...
Media 10 últimos anos 110.800.000
3d.- Gastos de seguridade e despregue eventos intervén Xefe do Estado: desfiles, manobras específicas, visitas, voda real...4ª.- Ministerio do Interior
Media 8 últimos anos (só a voda real de 2004 custou ao Exército 20 millóns de euros) 56.000.000
4a.- Seguridade Casa Real e contorna
Seguridade a cargo da Garda Civil, Seguridade activa e pasiva (contravigilancia) en Palacios, persoas, eventos...
Media 8 últimos anos (só a voda real custoulle á Benemérita 18 millóns de euros) 42.500.000
Seguridade a cargo da Policía Nacional Seguridade activa, pasiva, contravigilancias, feche de espazos sensíbeis, eventos...
Media 8 últimos anos (só a voda real de 2004 supuxolle á DGP, con 15.000 efectivos despregados, 22 millóns euros) 46.000.000
5.- Ministerio de Facenda
5a.- Parque Móbil do Estado
Mantemento, carburante, revisións, persoal, loxística... dun parque estimado en 300 vehículos adscritos á Casa Real 28.000.000
6.- Ministerio de Exteriores
6a.- Viaxes oficiais orzamentados
Media real últimos 8 anos (20 viaxes) 10.000.000
6.- Outros ministerio Gastos de persoal de 372 traballadores da Casa Real 22.500.000
7.- Gastos reservados do Estado
A Casa Real española cargou a fondos reservados de Presidencia, Defensa, Interior e CESID, ao longo do últimos vinte anos, pagos (viaxes non oficiais, agasallos, encontros particulares do monarca, etc) nunha contía media total estimada de 15.500.000
Total gastos anuais Casa Real 561.654.350 euros
De monarquía barata, nada de nada!
Nenhum comentário:
Postar um comentário