Con palabras de orde como "a vosa história é mentira" ou "fóra fascistas da universidade" foron máis de 100 os estudantes que impediron a terza feira pola tarde unha homenaxe na faculdade de filosofía a Manuel Fraga Iribarne, ministro nun réxime que asasinou a máis de 300.000 persoas e que represaliou e forzou ao exilio ou a emigración a millóns de cidadáns do Estado español.
O estudantado que exerceu a dignidade e a memoria histórica pertence á Liga Estudantil Galega, Agir, Galiza Nova e os Comités. O seu número superaba amplamente os asistentes a unha mesa redonda que contaba coa presenza do primeiro presidente da Xunta -Xerardo Fernández Albor-, antigos conselleiros da etapa Fraga na Xunta -Xesús Palmou, Celso Currás, Manuel López Besteiro...- e a irmá do homenaxeado Rosario Fraga.
Entre as faixas despregadas algunhas lembraban vítimas do fascismo de que Fraga foi cómplice como Julián Grimau - fusilado en 1963-, o estudante Enrique Ruano ou os operarios baleados en 1976 en Gasteiz. Todos estes sucesos, como é sabido, foron co visto e prace de Fraga membro naquela altura do Goberno fascista.
Nenhum comentário:
Postar um comentário