Mostrando postagens com marcador Comités. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Comités. Mostrar todas as postagens

14/02/2012

Impídese unha homenaxe a Fraga na universidade




Con palabras de orde como "a vosa história é mentira" ou "fóra fascistas da universidade" foron máis de 100 os estudantes que impediron a terza feira pola tarde unha homenaxe na faculdade de filosofía a Manuel Fraga Iribarne, ministro nun réxime que asasinou a máis de 300.000 persoas e que represaliou e forzou ao exilio ou a emigración a millóns de cidadáns do Estado español.

O estudantado que exerceu a dignidade e a memoria histórica pertence á Liga Estudantil Galega, Agir, Galiza Nova e os Comités. O seu número superaba amplamente os asistentes a unha mesa redonda que contaba coa presenza do primeiro presidente da Xunta -Xerardo Fernández Albor-, antigos conselleiros da etapa Fraga na Xunta -Xesús Palmou, Celso Currás, Manuel López Besteiro...- e a irmá do homenaxeado Rosario Fraga.

Entre as faixas despregadas algunhas lembraban vítimas do fascismo de que Fraga foi cómplice como Julián Grimau -  fusilado en 1963-, o estudante Enrique Ruano ou os operarios baleados en 1976 en Gasteiz. Todos estes sucesos, como é sabido, foron co visto e prace de Fraga membro naquela altura do Goberno fascista.

17/09/2011

Guillerme: "A reforma da Constitución de PP-PSOE é letal para a maioría social e o autogoberno de Galiza"

Nova tirada do site do Bloque Nacionalista Galego (BNG, aqui).

Suxo Seixo, secretario xeral da CIG.
Santiago de Compostela , 17 de setembro , 2011. O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, asegurou hoxe, no acto celebrado en Santiago de Compostela baixo o lema “ Galiza pola Soberanía. Os Dereitos Sociais e Os Servizos Públicos. Esta Constitución é unha fraude” que “a reforma da Constitución é letal para a maioría social e nega o autogoberno de Galiza.”

Ante unhas 2.000 persoas, o portavoz nacionalista asegurou que “hai que poñer a dieta ao capital especulador e non ao pobo traballador” e recalcou que a pesar de terse aprobado xa a reforma da Constitución segue habendo alternativas para saír da crise, “unha reforma fiscal progresiva, a supresión das axudas a Igrexa ou a redución de gastos militares”.


O acto convocábao o BNG conxuntamente coa Confederación Intersindical Galega (CIG), a Organización Galega de Montes en Man Común, Adega, os Comités, Fruga, a Asociación de Escritores en Lingua Galega, a AS-PG, Galiza Nova, Liga Estudiantil Galega, a Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos, Galiza Cultura, MEU e a Rede Galega de Empresas.

O portavoz nacional do BNG cualificou de “fraude” esta reforma da Constitución porque supón “un novo chanzo para recortar servizos e diminuír os dereitos dos cidadáns”, e manifestou o seu rexeitamento a unha medida que ademais resulta “inútil” por fixar un límite ao déficit no gasto que non impidirá que a prima de risco continúe á alza.

Neste sentido, afirmou que a reforma da Constitución só serve para “tranquilizar aos mercados e o saneamento das grandes fortunas e paraísos fiscais”.

Guillerme arremeteu contra unha reforma constitucional que só persegue “o dogma neoliberal” e acusou a Rubalcaba e a Rajoy de practicar unha política económica “fracasada e letal contra os pobos” que vai provocar máis privatización no ensino, na sanidade e nos servizos públicos. Asemade, referiuse ao Presidente da Xunta como “Alberto I o Austero. Alberto I o Liquidador” por non ter liderado e defendido o proxecto dunha caixa galega que agora será vendida a “prezo de saldo”.

O portavoz nacional do BNG rematou a súa intervención afirmando que existen “alternativas” que pasan por un programa de reformas democráticas e favorables aos intereses das maiorías sociais e dos países como Galiza, “submeter a referendo as modificacións substancias, e esta éo” concluíu.

O acto contra a reforma da Constitución tamén contou coas intervencións do Presidente da Organización de Montes en Man Común, Xosé Alfredo Pereira, e o Secretario Xeral da CIG, Suso Seixo.

Na súa alocución, Pereira defendeu a loita contra a privatización do montes en man común, as reformas democráticas e os montes veciñais como sinais de identidade.

Pola súa parte, Xesús Seixo avogou por unha reforma que sexa verdadeira no recoñecemento do carácter plurinacional do Estado español e na autodeterminación de Galiza.