Suxo Seixo, secretario xeral da CIG. |
Santiago de Compostela , 17 de setembro , 2011. O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, asegurou hoxe, no acto celebrado en Santiago de Compostela baixo o lema “ Galiza pola Soberanía. Os Dereitos Sociais e Os Servizos Públicos. Esta Constitución é unha fraude” que “a reforma da Constitución é letal para a maioría social e nega o autogoberno de Galiza.”
Ante unhas 2.000 persoas, o portavoz nacionalista asegurou que “hai que poñer a dieta ao capital especulador e non ao pobo traballador” e recalcou que a pesar de terse aprobado xa a reforma da Constitución segue habendo alternativas para saír da crise, “unha reforma fiscal progresiva, a supresión das axudas a Igrexa ou a redución de gastos militares”.
O acto convocábao o BNG conxuntamente coa Confederación Intersindical Galega (CIG), a Organización Galega de Montes en Man Común, Adega, os Comités, Fruga, a Asociación de Escritores en Lingua Galega, a AS-PG, Galiza Nova, Liga Estudiantil Galega, a Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos, Galiza Cultura, MEU e a Rede Galega de Empresas.
O portavoz nacional do BNG cualificou de “fraude” esta reforma da Constitución porque supón “un novo chanzo para recortar servizos e diminuír os dereitos dos cidadáns”, e manifestou o seu rexeitamento a unha medida que ademais resulta “inútil” por fixar un límite ao déficit no gasto que non impidirá que a prima de risco continúe á alza.
Neste sentido, afirmou que a reforma da Constitución só serve para “tranquilizar aos mercados e o saneamento das grandes fortunas e paraísos fiscais”.

Guillerme arremeteu contra unha reforma constitucional que só persegue “o dogma neoliberal” e acusou a Rubalcaba e a Rajoy de practicar unha política económica “fracasada e letal contra os pobos” que vai provocar máis privatización no ensino, na sanidade e nos servizos públicos. Asemade, referiuse ao Presidente da Xunta como “Alberto I o Austero. Alberto I o Liquidador” por non ter liderado e defendido o proxecto dunha caixa galega que agora será vendida a “prezo de saldo”.
O portavoz nacional do BNG rematou a súa intervención afirmando que existen “alternativas” que pasan por un programa de reformas democráticas e favorables aos intereses das maiorías sociais e dos países como Galiza, “submeter a referendo as modificacións substancias, e esta éo” concluíu.
O acto contra a reforma da Constitución tamén contou coas intervencións do Presidente da Organización de Montes en Man Común, Xosé Alfredo Pereira, e o Secretario Xeral da CIG, Suso Seixo.
Na súa alocución, Pereira defendeu a loita contra a privatización do montes en man común, as reformas democráticas e os montes veciñais como sinais de identidade.
Pola súa parte, Xesús Seixo avogou por unha reforma que sexa verdadeira no recoñecemento do carácter plurinacional do Estado español e na autodeterminación de Galiza.
Nenhum comentário:
Postar um comentário