17/09/2011

O Encontro Irmandiño apoia as mobilizacións contra a reforma da constitución do PP e PSOE.

Tirado do novo site do Encontro Irmandinho (aqui).

Asistentes ao II Encontro de verán do EI organizado recentemente en Bueu durante a palestra de Xosé Manuel Beiras Torrado.


Tanto a concentración que se vai celebrar o sábado 17 ás 18 h. na Quintana de Santiago como a manifestación do sábado día 24 que sairá ás 18 h. da Alameda de Compostela, contan co noso apoio.

Lamentamos que a supeditación constitucional da soberanía popular aos ditados do capital financeiro constitucionalizando a prioridade dos pagos aos especuladores antes que a calquera necesidade social, non teña servido para chegar a unha mobilización unitaria que de seguro ía mostrar con máis contundencia o rexeitamento cidadán.

PROPOSTA DE PROGRAMA POLÍTICO DO ENCONTRO IRMANDINHO:  "Soberania popular e defesa da democracia".

Nenhum comentário: