Juan Argente Sainz-Rozas. Artigo tirado de aquí.
Isto é o que vimos nas TV do Estado español:
OS NEGÓCIOS DO REI
Atención este documento que vou escribir custoume moitísimo atopalo debido á censura monárquica. Durante os últimos 30 anos, os medios de comunicación españois reconstruíron a imaxe do herdeiro do ditador Francisco Franco, Juan Carlos de Borbón sen posibilidade de réplica.
Inculcáronnos "contra vento e marea" que o monarca é simpático, dicharachero e campechano para tratar de impor e afianzar a restauración monárquica previamente inscrita no testamento franquista.
Con todo e a pesar do "pacto mediático", a figura do rei dista moito de ser incuestionábel, á súa falta de lexitimidade democráctica en certas ocasións e á súa aínda dubidosa actuación no Golpe do 23-F, é preciso engadir un dos temas mais censurados durante o seu reinado; os seus negocios.
Os negocios de Juan Carlos e a súa estreita relación coa clase empresarial e aristocrática teñen moi pouco que ver con esa imaxe de campechano que nos queren dar os medios. É soada a súa relación con Jose María Cuevas, Presidente da patronal e os agasallos do monarca á devandita persoa, entre eles un Bentley Continental, casualmente automovil que conduce o monarca nos seus intres libres.
Cando Juan Carlos de Borbón foi entronizado carecía totalmente de fortuna persoal. En 1963, un ano despois da súa voda real con Dona Sofía, o banqueiro Luís Valls Taberner comezou a proporcionar ao monarca unha xenerosa cantidade de diñeiro (en forma de intereses bancarios) destinada a achegar liquidez económica aos recentemente casados. Tamén contribuíron moitos nobres do franquismo a alimentar as arcas reais para salvar segundo eles ao país da hecatombe republicana.
Outro personaxe singular que declarou que fixo transferencias importantes ao monarca foi Ruiz-Mateos, tras a expropiación de Rumasa (a súa empresa) o empresario acusou o rei de aceptar centos de millóns, non só do seu propio peto senón de diversos accionistas. O Fiscal Xeral do Estado acusou dun delito de inxurias ao empresario, pero nin Ruiz-Mateos foi procesado, nin a súa denuncia aclarada.
O xornalista Jesús Cacho no seu libro EL negocio de la libertad, revelou algunhas das fontes de financiamento de Juan Carlos I; unha delas foi o petróleo, o cal, xeraba unhas zumentas comisións procedentes do cru que se importaba ao Reino de España.
Nada máis ocupar o trono de España, o seu home de confianza Manuel Prado e Colón de Carvajal (Marqués do Prado), dedicouse a mandar varias misivas reais a outros monarcas, especialmente do mundo árabe (ao Xa de Persia) solicitandoles diñeiro en nome do Rei de España para fortalecer a monarquía española.
Especiais relacións tiña o monarca español cos reis árabes, aos cales, recentemente empezada a democracia española, nunha ocasion chegoulles a solicitar un crédito de 100 millóns de dólares, alegando ser destinado para as arcas estatais... [segundo o libro Un rey golpe a golpe dedicáronse a financiar a campaña de UCD para que esta gañara as eleccións; Nota do blogger].
Algúns dos homes que estiveron nalgún momento preto do rei do Reino de España foron: Mario Conde, Alfonso Escamez, "Os Albertos" ou Luís Roldán. Mario Conde foi unha das amizades perigosas do rei, cando BANESTO foi intervido apareceron dúas contas a nome de Juan Carlos de Borbón-Dous Sicilias e Orleans con varios millóns de pesetas. Mario Conde no seu día confesou que ese diñeiro foi destinado para a ampliación de capital bancario.
Cando o Rei elixe Mallorca para pasar as súas vacacións, afianza un grupo de amizades potentes e aristocráticas, que xunto con Giovanni Agnelli, Raul Gardini e Juan Abelló, cómpranlle o iate Fortuna que tantas alegrías solariegas proporcionoulle. Anos máis tarde Gardini viuse implicado en casos de corrupción en Italia e suicidouse finalmente en 1994.
No ano 2003 chegou de Francia o última escándalo Real, durante o xuízo dun caso por apropiación indebida, o ex-presidente de ELF, Lle Floch-Prigent, declarou no xuízo sobre a compra de DETROIT DIESEL, entregar 55 millóns de euros ao rei de España, co que confesou verse en múltiples ocasións no seu domicilio privado.
Na actualidade resulta dificil cuantificar a canto ascende a fortuna real española, segundo Forbes (edición 2003) é de 2.500 millóns de euros, dita revista no Estado español foi secuestrada e os seus números neste país foron destruídos clandestinamente, con todo, fóra do Reino de España a revista foi vendida con normalidade. É España unha democracia?
Nenhum comentário:
Postar um comentário