Raul Asegurado Pérez. Artigo tirado do xornal en galego Praza Pública (aquí). Raúl Asegurado Pérez (Compostela 1980). Entusiasta. Diplomado en Traballo Social e Licenciado en Socioloxía. Doutorando pola UDC sobre a participación cidadá na toma de decisións públicas. Membro da Coordinadora Nacional do Encontro Irmandiño, do Consello Editorial de Altermundo, de AIS “O Peto”, de FiareGz, do Consello do FSGal, socio de Verdegaia, activista da economía social e do ecofeminismo socialista. Ten o seu propio blogue: Blog dun Irmandiño.
Déronse moitas circunstancias que poderían facer pensar que esta AN do BNG foi unha máis: por unha banda dúas correntes tentaron acadar a maioría democrática para facerse coa posibilidade de manexar o temón, unha continuísta e outra descontenta coa actual direción; unha grandísima mobilización da militancia; momentos de tensión e nervosismo... Coas súas dinámicas, coas súas manifestacións a posteriori normais polos gañadores, tamén polos vencidos...
Mais hai cuestións que a fixeron singular:
A expectativa criada pola esquerda nacional galega que está alén dos límites da militancia do BNG.
O debate centrado na convivencia interna e non tanto en termos de posicións colectivas da fronte cara ao exterior (agresións da dereita, crise económica, merma democrática e social, UE, etc...)
A difícil extración de conclusións obxectivas e definitivas unha vez rematado o cónclave.
O rumbo que tomará o BNG no futuro.
E isto a que se debeu? Que condicionamentos previos existiron que levaron a esta circunstancia? Ao meu modo de ver a resposta non é sinxela, e seguramente será insuficiente.
Por unha banda +Gz, o PNG, o EI e un conxunto de independentes coincidían na diagnose de que os males do BNG pasaban polo secuestro que a UPG estaba exercendo na fronte e por tanto, era un obxectivo inicial e irrenunciábel desprazala do centro gravitatorio (por certo que este centro sempre exerce unha forza cara a abaixo) e mudar a dinámica centrífuga por outra centrípeta.
O Encontro Irmandiño pola súa natureza constitutiva de permeabilidade social artellou mecanismos de garantía para abrir a fronte a moitos sectores ou ben excluídos ou ben afastados voluntariamente polo fartazgo que as dinámicas da U estaban propiciando, no caso de vencer na AN. Pola súa banda +Gz xenerosamente decidiu dar un paso cara a atrás nas súas aspiracións de dotar ao BNG dun discurso harmónico e apostou polo común denominador aceitando as diversas cosmovisións ideolóxicas da fronte e tamén, non é segredo, que existían dentro do pacto
Un dos temas vertebrais que se deron na Asemblea Nacional foi a lealdade
Así pois un dos temas vertebrais que se deron na AN foi a lealdade, a lealdade defendida en termos da UPG que consiste en asumir o ditame da maioría e por tanto, a deslealdade evidénciase cando unha minoría publicamente defende a súa postura aínda que así faga dano á organización; ou a lealdade entendida, como entende o EI, como unha defensa duns valores alén da vontade das maiorías ou por riba do que se diga, e por tanto, a deslealdade é vulnerar as normas de xogo que alicerzan os ideais.
Este tema foi o argumentado polo MGS (xa se comenta a forma de brincadeira que son o movemento galego cara a u, mgu por tanto) para apoiar ao portavoz nacional proposto pola U; acusando ao EI (e moi desafortunada e pouco elegantemente personificando) de saír publicamente manifestándose en contra do BNG. E foi aquí onde resultou evidente as dúas concepcións de lealdade. Unha que como dixen antes, a entende en concepción democrática e por tanto en termos de lealdade á organización, e outra que entende a lealdade en termos de valores poliéticos máis elevados alén dos democráticos, e por tanto ao ideario dun referente político ao servizo do seu suxeito, o povo galego.
E se me permitides, centrarei unhas liñas en explicar isto, poñendo un exemplo, que como todas e todos sabemos é imperfecto pola súa simpleza mais válido para clarificármonos: Ao longo da Historia, o fascismo chegou ao poder democraticamente; na Alemaña nazi un grupo de estudantes encabezaron algo que se deu en chamar “A Rosa Branca” defendendo uns valores por dignidade do povo alemán (era mocidade con vergoña!). Foron guillotinados, mais foron desleais? Alguén con mínimo de sensatez pode dicer que Sophie Scholl foi desleal? A esquerda pode tomar este exemplo ou moitísimos outros da súa historia para enaltecer os seus valores, aínda que o seu exercicio fora contra a vontade maioritaria dos seus povos, e alguén é tan docas de chamar a isto deslealdade? Acho e agardo que non.
En termos de socioloxía política, cando se analiza un comportamento social é necesario acudir ao discurso histórico e non centrarse no momento histórico onde este se produce; facer isto sempre foi argumento principal dos reaccionarios e por tanto, dos que renegan das esixencias de dar resposta á tradición á que pertencen.
O gran fracaso non foi que o BNG ficase dividido nun empate técnico
Mais a pesar de todo isto, sabedes cal penso eu que foi o gran fracaso da XIII AN do BNG? Non foi que o BNG ficase fortemente dividido nun empate técnico, tampouco que a UPG continuista vencese (por su posto que isto en si non é un fracaso), nin sequera a febleza que aparentemente podía amosar o pacto das sensibilidades doídas no BNG. O gran fracaso foi que a UPG non entendese a importancia vital que para este momento histórico do nacionalismo galego era facerse autocrítica do feito até agora no BNG, porque: 1. internamente a existencia é moi dificultosa, 2. externamente a esquerda nacional galega artellada moito máis alá da xota, cabalo e rei das organizacións nacionalistas, ten un fondo sentimento de orfandade; 3. obxectivamente o pacto social está roto e segue sen plantexarse a responsabilidade dos fracasos en cada comicio eleitoral.
As condicións obxectivas estaban dadas para encetar a refundación
O gran drama do nacionalismo organizado, que ten a día de hoxe o seu máximo expoñente no BNG, é que nin sequera no caso de ter gañado a lista que apoiaba a rexeneración, as condicións materiais obxectivas estaban dadas para encetar este proceso e o da refundación se a UPG non movía ficha, e a moveu, claro que a moveu! Ao igualiño que na Guerra Civil, cando uns decidiron liquidar a compañeiras/os republicás/ns para gañar a República aínda que acto seguido... xa sabedes o final! Pois iso.
Agora a única espranza, se é que hai tempo, é o desarme..., xa sei, moitas/os diredes, “agora a Unión do Povo Galego xa pode dar os pasos cara a atrás que non deu antes para que o BNG non rache, xa terá tempo de volvelos a dar cara a adiante”. Vale, ben, que queredes que vos diga nesta primeira achega á Praza Pública? Xa teremos tempo de dicer outras cousas!, se tal máis polo miúdo, iso si, o importante teñámolo sempre claro non é gañar o bando, é construír o novo referente político (sexa cal sexa...) sabedor que o máis valioso que ten é o seu suxeito, cada un e unha de vos, pois a esquerda nacional galega, a cidadanía consciente é e debe ser o motor, como na nosa tradición sempre o foron, as boas e xenerosas, os bos e xenerosos.

Nenhum comentário:
Postar um comentário