22/03/2012

O Goberno endurece a lexislación contra a desobediencia á autoridade

Redacción.



O ministro de Interior Jorge Fernández Díaz explicou que o Código Penal de 1995 será máis unha vez reformado co gallo de loitar contra a multirreincidencia, curiosamente coincidindo coas cargas policiais polas manifestacións do estudantado do País Valenciá o pasado 20 de febreiro. O obxectivo, sublíñase, é castigar con máis dureza a desobediencia ou resistencia perante a autoridade e os seus axentes.

Entre as modidicacións contémplase:
a) Todos os furtos serán delitos independentemente da cantidade, até o de agora debían superar os 400 euros, se o autor o executa sen saber o "lucro ilícito que obterá" (por exemplo a substracción dun bolso será sempre delito).

b) Refórmase o delito de desobediencia ou resistencia á autoridade para que  “pueda operar una mayor disuasión en relación con comportamientos violentos o gravemente desobedientes de los mandatos de las Fuerzas y Cuerpos de Seguridad del Estado”. Até agora eses delitos estaban regulados polos artigos 550 e 556 do código penal e recollen penas de prisión de distinta duración. 

c) Auméntase o catálogo de faltas contra as persoas e o patrimonio  “cuya reiteración las convierta en delito, como las amenazas con armas o en riña, apropiaciones indebidas y otras defraudaciones”.

d) Os roubos con forza terán máis pena nalgúns casos (agora é de cárcere entre 1 e 3 anos). Elevarase igualmente a sanción para os roubos en casa habitada (agora a prisión é de 2 a 5 anos se se executa con forza e de 3'5 anos ou 5 se se considera que houbo violencia e intimidación).

e) Créanse tipos especiais penais e agravados para algunhas formas de roubos, furtos e apropiacións indebidas.

f) Agravante específico para os casos en que un grupo de máis de dúas persoas cometa o delito (patrimonial ou contra persoas).

g) Estabelécese o agravante específico de portar arams e tamén a do emprego de armas de fogueo ou simuladas (unhas pistola de xoguete por exemplo).

h) Modifícase o artigo 74 do código penal que regula o delito continuado e  “volver a la suma por separado de todas las penas”. Enténdese, neste caso, que máis que modificalo quere apagalo. Este artigo recolle polo de pronto a consideración dun só delito continuado e non de varios cando o delincuente   “en ejecución de un plan preconcebido o aprovechando idéntica ocasión, realice una pluralidad de acciones u omisiones que ofendan a uno o varios sujetos e infrinjan el mismo precepto penal o preceptos de igual o semejante naturaleza”.

Para alén disto, o ministro anunciou tamén modificacións procesais como a prisión provisional e a localización permanente cando se cometeron máis de dous delitos, aínda que sexan de diferente especie; e a  “adopción de medidas cautelares inmediatas, incluida la prisión provisional, en supuestos de multirreincidencia”.  

Postar um comentário