16/03/2012

O PP cumpre a súa promesa de crear emprego... para amigos e familiares

Tirado de Kaos en la red (aquí) e traducido por nós.



Diversos familiares de altos dirixentes populares ocupan, tras a vitoria do PP nas eleccións xerais, cargos de libre designación. Algúns se viron obrigados a dimitir ante a avalancha de críticas recibidas, mais a maioría seguirá nos seus cargos.

O novo Goberno do Partido Popular, segundo informan o diario Público e a Cadea Ser, entre outros medios, coida moi ben da familia. De feito, coida tan ben dela que varios familiares de membros do novo Executivo de Rajoy e de políticos do PP foron 'enchufados' recentemente en diferentes organismos dependentes do Goberno.

Familiares de Cospedal, Arias Cañete, Esperanza Aguirre ou Zaplana son algúns dos que si atoparon traballo grazas ao envorco electoral, mentres case cinco millóns de cidadáns están na cola do paro. Rede Eléctrica de España, fundacións ou sociedades estatais, entre os seus novos destinos.

Ricardo Cospedal, irmán da secretaria xeral do PP, será o próximo director da Fundación Carolina,segundo confirmaron á Cadea SER, tanto fontes populares como da propia fundación. Trátase dunha entidade mixta, público-privada, dedicada a promover as relacións culturais e a cooperación en materia educativa e científica entre España e Iberoamérica.

Outro deles, Ignacio López do Hierro, marido de María Dores de Cospedal, ía ser nomeado conselleiro de Rede Eléctrica de España. Este xoves renunciou ao cargo tras as críticas ao facerse público.

A ese mesmo órgano íase a incorporar tamén Alberto Nadal, irmán doutra das persoas máis poderosas do PP: Álvaro Nadal, o xefe da Oficina Económica da Moncloa. Con todo, a última hora da noite tamén anunciou a súa renuncia ao cargo de conselleiro de Rede Eléctrica Española para "non embazar a súa traxectoria profesional ou perxudicar á empresa".

As incorporacións de familiares de altos dirixentes do PP a empresas públicas non se detén aí. José Ramón Bujanda, cuñado do Ministro de Agricultura, Arias Cañete é o novo presidente unha empresa do mesmo sector do que se ocupa o ministro: a Sociedade Estatal de Caución Agraria (SAECA). Até agora, este enxeñeiro desenvolvera o seu labor profesional no sector da construción.

Un fillo de Esperanza Aguirre e unha filla de Zaplana, entre outros, colocáronse tamén recentemente en organismos dependentes do Goberno, segundo informa a Cadea Ser. Álvaro Ramírez de Haro, fillo menor de Esperanza Aguirre, é desde xaneiro asesor do Secretario de Estado de Comercio, Jaime García-Legaz. María Zaplana Barceló, filla do exministro Eduardo Zaplana. Traballa como asesora na Secretaria de Estado de Turismo.

Desde logo, ninguén pode dicir que o PP non cumpre as súas promesas de crear emprego... para familiares e amigos do partido. Agora enténdese un pouco mellor porque a señora Cospedal dixo repetidamente aquilo de que o PP é o "partido dos traballadores". Un traballo, por aquí, un traballo por alí, desde logo, un partido cheo de potenciais traballadores, como puido comprobarse.

E esta señora De Cospedal, aínda por riba, é a mesma que hai apenas uns días dicía no Pais iso de que "en España hai que traballar máis cobrando o mesmo". Sobran máis comentarios...

Nenhum comentário: