Joan Martínez Alier. Artigo tirado de SinPermiso (aquí) e traducido por Revolta Irmandiña. Joan Martínez Alier, amigo e colaborador habitual de SinPermiso, é catedrático de teoría económica na Universidade Autónoma de Barcelona e un dos fundadores da investigación internacional en economía ecolóxica.
Tanto o Estado español como varias das súas rexións autónomas lanzan emisións de débeda pública prometendo xuros de non menos de cinco por cento anual. Debería estar prohibido porque non hai garantía algunha que se poida pagar eses xuros e devolver eses créditos. Iso só sería posíbel se hai bastante inflación (se o diñeiro vale menos) ou se a economía crece. Ou se se aperta máis o cinto á xente aínda que ameaza unha revolta.
Nos debates sobre a crise actual e as débedas financeiras, hai tres posicións distintas.
A primeira posición é a de economistas keynesianos como Krugman e Stiglitz. Para poder pagar as enormes débedas creadas en Estados Unidos, en Europa, en Xapón, tanto públicas como privadas, hai que crecer. A economía debe crecer, os bancos centrais deben impulsar o gasto, ten que haber crecemento en termos nominais (é dicir, un pouco de inflación) e tamén en termos reais. Debe crecer o que chaman a economía produtiva de fabricación de automóbiles, de produción de cemento para infraestruturas, de produción de servizos de ensino e sanidade... Debemos de regresar ao crecemento, para así poder pagar as débedas. A política de austeridade é suicida económica e socialmente. Non lles falta razón, agás que eles esquécense da economía real-real. Máis crecemento implicará inmediatamente máis demanda de petróleo e de gas, máis produción de dióxido de carbono, no caso que as economías ricas saian da crise actual.
A segunda posición é a dos financeiros acredores, os bancos, os tedores de bonos, a "Debedocracia", quen queren custe o que custe que se paguen todas as débedas pendentes. O poder da banca é grande en España e no mundo. Do goberno pásase a dirixir o FMI e do FMI á banca privada. Ou ao revés. Non hai misericordia cos desafiuzados por débedas hipotecarias e non debe habela cos estados manirrotos. Unha razón que se esgrime é que se non se pagan as débedas, a próxima vez ninguén dará crédito a ninguén ao ser escarmentados os acredores. Porén vemos na historia que moitas empresas non poden pagar, suspenden pagos, despois, algunhas, volven á carga. O mesmo ocorreu cos estados. O caso de Arxentina no 2000 está no recordo de todos. Endebédanse, declaran defaults parciais, a economía recupérase despois (no caso arxentino, á conta de aumentar enormemente os pasivos ambientais da minería, da agricultura de soia e da industria petroleira, sexa dito de paso).
A insistencia da "Debedocracia" en que se paguen as débedas reflicte os intereses do capitalismo financeiro. Pero talvez hai algo máis detrás diso. Escoitando o intenso ruído de helicópteros da policía no ceo de Barcelona vixiando e intimidando aos manifestantes nos días en que o directorio do Banco Central Europeo reuniuse na cidade, pensei na doutrina do shock de Naomi Klein. Vostedes pagarán sen rechistar, baixámoslles salarios, negámoslles pagos aos desempregados, obrigámoslles a pagar medicamentos, baixámoslles pensións e subimos impostos, non só para poder pagar débedas (que son impagábeis) senón para que aprendan. Non se lles ocorra protestar. Dean grazas por estar vivos. Non reclamen dereitos. A crise da débeda serve para introducir medo e rebaixas sociais, para poder despedir aos traballadores empregados con máis facilidade, para culpabilizar aos cidadáns da crise dun sistema. Ben dicían os indignados do 15-M, "nós non somos anti-sistema, o sistema é anti-nós".
A primeira posición (de economistas keynesianos) é a de Crecer para pagar a Débeda. A segunda posición é primeiro Pagar a Débeda para despois poder Crecer a base de endebedarse máis, volver ao 2007.
O triunfo de Hollande en Francia, reforzará un pouco en Europa a primeira posición. Porén para o Reino de España é xa demasiado tarde, a Débeda acumulada é tan grande (a privada e a pública), os xuros que hai que pagar para colocar emisións son tan altos, que con razón as axencias de risco van baixando a clasificación da débeda española, adiviñando que non se poderá pagar na súa integridade.
Hai unha terceira posición, que apenas se ouve nin se le nos medios, unha posición que o movemento dos indignados pudese e debese expresar claramente hai xa un ano. Non se pode nin se debe pagar a débeda enteiramente. Fai falta unha moratoria, un default parcial, unha reestruturación, unha condonación. Fagamos un concurso para atopar o eufemismo que soe mellor. En primeiro lugar, unha moratoria da débeda privada dos que están a piques de ser desafiuzados. Porén moito máis alá, unha moratoria ou default parcial das débedas do Estado español e das comunidades autónomas en apertos como Cataluña e algunhas outras. Contra o poder da Debedocracia e contra as ilusións dos keynesianos. Aínda que un default español leve á vergoña do recordo de Felipe II.
O que lle ocorreu a Alemaña tras a Segunda Guerra Mundial, cando o banqueiro Herman Abs negociou en Londres pausados pagos parciais da débeda externa alemá (tras unha enorme traxedia auto-infligida), o que lle ocorreu o ano pasado a Grecia que tivo que deixar de pagar (con ribetes de farsa pola orixe das débedas mais tamén de traxedia polas inmisericordes esixencias sociais da Debedocracia), debe ocorrer xa agora en España. Mellor pronto que tarde. Mellor en xuño que en xullo ou agosto. Antes de que nos metan máis medo e nos impoñan máis rebaixas sociais.

Nenhum comentário:
Postar um comentário