10/07/2012

Hayek e Pinochet: amor infinito.

Tirado de aquí. Tradución de Adrián Levices Casal para Revolta Irmandiña.



Alguén deixou unha ligazón a este interesante artigo sobre os eloxios de Hayek a Pinochet na miña última entrada:

Corey Robin, “Hayek von Pinochet,” Coreyrobin.com, 8 July 2012.

Chamoume particularmente a atención este comentario de Hayek quen, entendo, o fixo nunca entrevista a un xornal chileno:

Como institucións a longo prazo, son totalmente contrario ás dictaduras. Pero unha dictadura pode ser un sistema necesario nun período transicional. Ás veces é necesario que un país, durante un tempo, conte con algunha forma ou outra de poder dictatorial. Como comprenderedes, é posible que un dictador governe de xeito liberal. E tamén é posible que unha democracia governe cunha ausencia total de liberalismo. Personalmente, prefiro un dictador liberal a un governo democrático falto de liberalismo. A miña impresión persoal… é que en Chile… imos ser testemuñas dunha transición dende un governo dictatorial cara un governo liberal… e durante esta transición se callar ha ser necesario manter certos poderes dictatoriais, non coma algo permanente se non coma un arranxo temporal".

Así eran as cousas: á hora da verdade, Hayek ó parecer prefería as dictaduras no canto dun estado rexido polas leis e cunha economía democrática social ou socialista democrática.

Un pregúntase, se daquelas cando era presionado, ¿tería expresado as súas preferencias polo Chile de Pinochet (onde a xente “desaparecía” de seguido) en lugar de pola democracia social sueca?

En contraste, un punto obvio que cita Hayek é que un dictador pode perseguir ós “liberais” ou ás políticas do “laissez faire”. Isto é totalmente certo: Mussolini orixinariamente perseguiu ós estándares do libre mercado e das políticas neoclásicas:

Dende 1922 ata 1925, o réxime de Mussolini perseguiu a política económica do “laissez faire” do ministro de finanzas liberal Alberto de Stefani. De Stefani reduciu os impostos, as regularizacións e as restriccións comerciais e posibilitou que as empresas competisen entre elas. Pero esta oposición ao proteccionismo e aos subsidios a empresas alineou a varios líderes industriais e De Stefani foi finalmente obrigado a dimitir”.

Sheldon Richman, “Fascism,” Concise Encyclopedia of Economics
http://www.econlib.org/library/Enc1/Fascism.html

Se callar debamos de ter isto presente cando revisemos os comentarios de Mises sobre o fascismo de Mussolini: 

Non se pode negar que o Fascismo e movementos similares cuxo obxectivo é o establecemento de dictaduras están cheos das mellores intencións e que a súa intervención ten, polo momento, salvado a civilización europea. O mérito que o Fascismo así gañou para si mesmo vivirá por sempre na historia. Mais aínda que a súa política trouxo a salvación polo momento, non é algo que poida prometer un éxito continuado. O Fascismo foi un paliativo de emerxencia. Velo como algo máis sería un erro fatal.”
Mises, 1978 [1927]. Liberalism: A Socio-Economic Exposition (2nd edn; trans. R. Raico), Sheed Andrews and McMeel, Mission, Kansas. p. 51.

Polo xeral, non se ven moitos austríacos falando sobre estes inoportunos comentarios de Hayek e Mises.
Postar um comentário