10/07/2010

O EI vota en contra das listas electorais do BNG

O Encontro Irmandiño vota en contra das listas eleitorais elaboradas nun procedimento viciado de principio.

A UPG consuma o seu control das cidades coa abstención de +Galiza que asume as teses máis pactistas desta corrente.

Congruentemente coa nosa postura mantida ao longo de todo o proceso de elaboración das listas, e independentemente das circunstancias das distintas localidades, os membros do Encontro Irmandiño no Consello Nacional fixeron un voto negativo a conxunto das mesmas.
A nosa oposición foi dende un principio ao procedemento e calendario establecido no Regulamento e á aplicación que as circulares e interpretacións que se fixeron dende a Comisión Executiva: por ser unha elaboración extemporánea para todo o primeiro tramo de lista con todo o que significa de desmantelamento dos grupos actuais a un ano das eleccións, un confronto de listas que logo se ven forzadas a procesos de integración nos que non se garanten os criterios do BNG de pluralismo, unha manipulación dos censos lesionando dereitos de participación de militantes... que fixo que as listas aprobadas hoxe polo Consello Nacional para concorrer ás eleccións municipais de maio do ano que vén sexan as menos plurais de toda a historia do BNG.

Nenhum comentário: