Vicenç Navarro, traduzido para o galego do jornal Público - em versom castelhana- por Altermundo.
Unha vez máis desatouse unha campaña de descrédito internacional contra o Goberno de Chávez de Venezuela, intentando relacionar tal Goberno con bandas terroristas colombianas.
Na imagem, o mexicano Carlos Slim, segundo muitos o home mais ricaço do mundo. Tem vários mídia ao seu serviço e o Estado mexicano com excepçons da insurgência zapatista e dalgumha sociedade civil mais, praticamente pertence-lhe. Provavelmente estivera detrás de boa parte do golpe militar de Honduras, já que está provado que atentou contra Chávez e colaborou no golpe falido que o tentara derrocar. Proprietário de facto do jornal de centro-direita El País, que para a opiniom pública é visto como de esquerdas, impulsa junto com a cadeia televisiva La Sexta e Cuatro, agora partilhando capital com Telecinto - Berlusconi & CIA-, a campanha de acoso e derribo a Evo Morales, Hugo Chávez, Correa e a Cuba castrista entre o eleitorado da esquerda do Reino da Espanha (PSOE e Esquerda Unida fundamentalmente). Na Galiza dos últimos tempos, mesmo um sector importante do BNG tem acreditado nesta ofenssiva, concretamente boa parte da militáncia de + Galiza (de centro-esquerda, na linha da Terceira Via). Outra grande parte da esquerda europeia tem umha visom idílica e acrítica onde se mistura umha cegueira produto da falta da diagnose com umha mímese apenas estética e de pose. Já o dizia Marx, o Groucho nom ainda que pudo tê-lo feito também, "a história repete-se duas vezes sempre: umha como comédia e outra como tragédia" [Nota do bloger].

O presidente saínte de Colombia, Álvaro Uribe (poucos días antes de traspasar o seu mandato ao novo presidente, Juan Manuel Santos) publicou toda unha serie de fotografías e documentos que, supostamente, mostraban o apoio do Goberno de Chávez aos terroristas colombianos. E, como era de esperar, os medios escritos e televisivos españois de maior difusión colaboraron extensa e activamente nesta campaña anti Chávez.
O que estes medios non dixeron é que esta campaña non é nova. Todo o contrario, era moi predicíbel. Mark Weisbrot, un dos mellores analistas de América Latina, predixera hai xa varios meses no rotativo británico The Guardian que estas acusacións aparecerían agora, cando a nova asemblea (a Asemblea Nacional) será elixida en setembro. Venezuela tivo 13 eleccións ou referendos desde que o presidente Chávez foi escolleito en 1998. E cada vez, antes das eleccións, fixéronse as mesmas acusacións de complicidade do Goberno Chávez cos terroristas e/ou co narcotráfico colombiano. Non era, pois, de estrañar que aparecesen de novo, e asíaconteceu. A historia repítese.
Pero hai algo de certo niso? Non, segundo unha das persoas queprobabelmente sabe máis sobre este asunto, o xeneral Douglas Fraser, xefe do Comando Sur de EUA, responsábel de vixiar as actividades terroristas no hemisferio sur. O pasado 11 de marzo, fronte ás preguntas no Senado de EUA do senador John McCain (que foi candidato republicano á Presidencia nas últimas eleccións de EUA), sobre as conexións do Goberno de Chávez coas forzas terroristas, o xeneral Fraser contestou (e cito textualmente): "estivemos vixiando a situación moi de cerca e non puidemos comprobar que exista unha conexión entre o Goberno e os terroristas". Esta contestación indignou ao ultradereitista McCain, que chamou, en protesta, á secretaria de Estado, Hillary Clinton. O Departamento de Estado chamou ao xeneral ao día seguinte e o xefe da oficina latinoamericana, Arturo Valenzuela, pediulle a Fraser que, por razóns políticas, utilizase outra expresión, diluíndo a súa negativa. Ao día seguinte, o xeneral Fraser corrixiu a súa testemuña.
Outra voz nada sospeitosa de simpatías chavistas é nada menos que Angelino Garzón, o novo vicepresidente do Goberno colombiano baixo a Presidencia de Santos (sucesor de Uribe, do que foi o seu ministro de Defensa). Tal señor encomiou a Chávez por alentar ás guerrillas colombianas (os chamados terroristas) a deixar as armas e abandonar a súa estratexia de loita armada. Nunha entrevista a Radio Quito de Ecuador, Garzón dixo (e cito textualmente): "Eu valoro moi positivamente as declaracións do presidente Chávez nas que lles dixo ás guerrillas colombianas de que a súa loita armada non tiña sentido?" Nesta cita, o vicepresidente de Colombia facía referencia a unhas declaracións que o presidente de Venezuela fixera uns días antes, indicando que a loita armada das guerrillas estaba sendo utilizada polas ultradereitas en Latinoamérica –e apoiada por EUA– para intervir en América Latina. O presidente Chávez engadiu: "Non hai condicións en Colombia para que poidan alcanzar o poder. E están provendo a escusa para que o poder militar estadounidense penetre en Colombia e desde aí ataque a Venezuela, Bolivia, Ecuador, Nicaragua e Cuba". Santos invitara a Chávez ás festas de inauguración do seu período presidencial, o 7 de agosto. Neste contexto, as declaracións de Uribe intentaron rachar esta posibilidade de diálogo.
Venezuela ten unha fronteira de 1.375 millas, gran parte da cal limita coas selvas que bordean Colombia, de difícil penetración. O director de Organización dos Estados Americanos (OEA), José Miguel Insulza, indicou que "é difícil controlar aquelas fronteiras. Uribe enfádase porque Chávez non controla o lado venezolano, pero o feito é que Uribe tampouco pode controlar o lado colombiano". En realidade, e tal como indica Mark Weisbrott (The Guardian, 28-07-2010), o Goberno de EUA tampouco pode controlar satisfactoriamente a mobilidade de armas, drogas e persoas nas súas fronteiras con México, e iso a pesar de ter máis recursos e tecnoloxía que o Goberno venezolano.
Estes son datos que o lector non lería nos medios españois de maior difusión. Outros datos que o lector tampouco leu naqueles medios inclúen o feito de que a Comisión de Dereitos Humanos das Nacións Unidas criticou, unha vez máis, o deplorábel estado dos dereitos humanos en Colombia, definíndoo como un Estado en que a impunidade na violación de tales dereitos caracteriza a situación naquel país. O portavoz de tal comisión, Fabián Salvioli, presentou como exemplo palpábel desta situación o caso dos "falsos positivos", persoas asasinadas por ser "terroristas" que non tiñan nada que ver coa guerra naquel país, asasinatos que se realizaron para poder mostrar éxitos na súa campaña militar presentando aos asasinados como membros da guerrilla.
E outra nova silenciada é que o presidente Uribe ameazou ao maxistrado Yesid Ramírez por pedir ao fiscal do Estado que investigase ao fillo do presidente, Tomás Uribe, por corrupción e compra de votos nas eleccións de 2006.
Estas e moitas outras noticias non aparecen nos cinco rotativos de maior difusión do país, cuxa militancia anti Chávez dilúe a súa suposta imparcialidade informativa debida ao público. O lector debería esixir maior equilibrio na cobertura que da realidade dan os medios, pois éimposíbel saber o que acontece no mundo, incluíndo Latinoamérica, sen unha maior diversidade na información provista neles.
Nenhum comentário:
Postar um comentário