23/09/2010

Os obxectivos do Milenio, aínda que demasiado modestos, non se alcanzarán en 2015

Eric Toussaint, artigo publicado en Rebelión (aquí).



1. Os obxetivos do Milenio, aínda que demasiado modestos, non se acadarán en 2015. A escala mundial, a redución limitada da porcentaxe da poboación mundial que vive con menos de 1,25 dólares é o resultado da evolución en China e na India [2] , países que non aplicaron o consenso de Washington. A humanidade ten as posibilidades materiais de garantir a cada un e cada unha todos os dereitos humanos básicos máis alá dos modestos obxectivos do Milenio. É evidente que non faltan os recursos.








2. A explicación que prevalece nos documentos producidos por institucións coma o BM, o FMI e a OCDE non é convincente, e ademáis desemboca sobre a consolidación de políticas que provocaron a crise e fraxilizaron as economías dos países en desenvolvemento que acataron as súas recomendacións.

Na base das recomendacións ou imposicións destas institucións, atopamos varios dogmas:


O dogma de financiar o desenvolvemento con endebedamento. Esto leva á gran maioría dos gobernos dos países chamados en vía de desenvolvemento a un comportamento absurdo. A inmensa maioría das reservas internacionais en dólares están en mans dos PED, principalmente os exportadores de materias primas e China. Aínda que teñen unha grande cantidade de reservas en divisas (dólares sobre todo) seguen a endebedarse. Que fan? Compran coas súas reservas bonos do tesouro de EEUU, é dicir, outorgan préstamos ao goberno de EEUU. Depositan estos bonos nas arcas do seu Banco Central para logo emitir bonos de débeda pública, xa sexa en Wall Street ou no seu mercado interno. É realmente absurdo: compran bonos do tesouro cun rendemento moi baixo e emiten bonos remunerando aos prestamistas en dólares con taxa de interese moito máis alta [3] . En lugar de facer esto, terían que deixar de endebedarse e utilizar as súas reservas para inversións produtivas e gastos sociais para mellorar as condicións de vida das súas ciudadás e cidadáns.



Segundo dogma: o libre comercio e a libre circulación dos capitais, bens e servizos. Que na práctica dos países máis industrializados exclúe a libre circulación dos traballadores e das persoas en xeral. Esto faise en completa contradición coa súa propria teoría: vale a pena lembrar que Adam Smith, adulado polos neoliberais, abogaba a favor da libre circulación e libre establecemento dos traballadores. Outra teoría de moda ou dogma totalmente en contradición coa realidade: a idea segundo a cal se pode superar a pobreza dando aos pobres un mellor e maior acceso ao mercado, cando son os Estados os que poden e deben erradicar a pobreza a través de cambios estruturais, poñendo fin á inxustiza social.


O rol nefasto das políticas macroeconómicas coñecidas como Consenso de Washington púxose en evidencia, en numerosas ocasións, ao longo dos últimos 20 anos.

Un exemplo: a crise alimentaria de 2007-2008.

En 2007-2008, a cantidade de personas que padecían fame aumentou en 140 millóns. Este aumento neto debeuse á forte subida do prezo dos produtos alimentarios[4] En moitos países, este aumento dos prezos de venta de alimentos ao por menor chegou a ser, a veces, do 50 %.
Por que se produciu este aumento?
Por unha parte, os poderes públicos do Norte aumentaron as súas axudas e as súas subvencións aos agrocombustíbeis (chamados erroneamente biocombustíbeis, cando non teñen nada de bio, «de ecolóxico»). De pronto volveuse rentable reemplazar os cultivos para a alimentación humana por cultivos de forraxes e de oleaxinosas, ou desviar unha parte da colleita de graos (millo, trigo...) hacia a produción de agrocombustíbeis. Desto resultou unha redución da oferta de alimentos no mercado mundial e un aumento dos prezos no nivel mundial. 
Por outra parte, despois do estoupido da burbulla inmobiliaria en Estados Unidos, e logo, de rebote, no resto del mundo, a especulación dos grandes inversores (fondos de pensión, bancos de inversións, hedge funds...) desplazouse hacia os mercados onde se negocian os contratos dos produtos primarios alimentarios —principalmente en tres bolsas de Estados Unidos especializadas no mercado a término de graos: Chicago, Kansas City e Minneapolis—.
Os países en desenvolvemento estiveron especialmente desprotexidos ante a crise alimentaria, xa que as políticas impostas polo FMI e o Banco Mundial dende a crise da débeda priváronos da proteción imprescindíbel. Redución das superficies destinadas a cultivos alimentarios e especialización nun ou dos produtos para a exportación, desaparición dos sistemas de estabilización dos prezos, abandono da autosuficiencia de cereais, redución das reservas de cereais, debilitamento das economías por unha extrema dependencia das evolucións dos mercados mundiais, forte redución dos orzamentos sociais, supresión das subvencións aos produtos básicos, apertura dos mercados e apertura á competencia inxusta dos pequenos produtores locais contra sociedades multinacionais… Mestras na arte do escaqueo, as institucións cuestionadas recoñecen algúns erros para permanecer mellor no centro do xogo internacional. Pero un tímido mea culpa nun informe semiconfidencial non pode ser suficiente, xa que cometeron o crime de impoñer un modelo económico que, de forma deliberada, privou ás poboacións pobres das proteccións imprescindíbeis e deixounas sen amparo ante a codicia dos especuladores máis salvaxes
Segundo a FAO, a situación mellorou en 2010, [5] pero é claro que o OMD n°1 non se terá acadado en 2015.
Despois de ter analizado rapidamente as causas da crise alimentaria dos anos 2007-2008, é relevante citar ao Sr. Fantu Cheru, experto independente da Comisión de Dereitos Humanos das Nacións Unidas en Xenebra, quen xa escribía en 1999:


«O axuste estrutural vai máis alá da simple imposición dunha serie de políticas macroeconómicas a escala nacional. Representa un proxecto político, unha estratexia consciente de transformación social a escala mundial, principalmente para facer que o mundo sexa seguro para as empresas transnacionais. En poucas palabras, os programas de axuste estrutural serven de “correa de transmisión” para facilitar o proceso de mundialización, mediante a liberalización e a desregulación e a redución da función do Estado no desenvolvemento nacional»[6] 







3. Non crean que estas políticas foron abandonadas. Se ben o Banco Mundial e o FMI afirman que substituíron as receitas do consenso por outras políticas, a realidade dos feitos é completamente diferente. Tanto estas institucións coma a OCDE seguen grosso modo coas mesmas recomendacións, cando non imposicións. Este é mesmo o caso en 2010 de Haití [7] ou de Paquistán, [8] países dos cales os seus cidadáns foron afectados moi duramente por catástrofes naturais. Tamén o FMI segue apoiando a dictaduras: en setembro de 2010 decidiu outorgar un crédito de 192 millones de dólares ao réxime dictatorial de Honduras.







4. Superouse a crise económico-financeira internacional que empezou en EE UU en 2007? Existen tres factores que alivian o peso da crisis para os PED (Países en Desenvolvemento), pero que poden degradarse rapidamente: altos prezos das materias primas (e entón altos niveis de reservas); baixa taxa de interese e de prima de risco país; fluxo de capital de carteira hacia as bolsas dos países emerxentes. Cando os Bancos Centrais dos principais países industrializados (Reserva federal, Banco Central Europeo, Banco de Inglaterra e Banco de Xapón) decidan aumentar a taxa de interese, aumentará bruscamente o custo de refinanciamento da débeda externa dos Países en Desenvolvemento e poderían caer os prezos das materias primas, porque o seu prezo depende agora da inmensa liquidez monetaria internacional e da especulación. Ademais, se a economía de China entra en crise, tamén podería producirse unha caída de prezos das materias primas.



5. Necesidade de volver ás recomendacións contidas na Declaración sobre o dereito ao desenvolvemento, adoptada pola Asemblea Xeral na súa resolución 41/128, de 4 de decembro de 1986. É necesario actuar no nivel da comunidade internacional e tamén no de cada Estado nacional soberano, que pode tomar medidas unilaterais basadas no dereito internacional. O artigo I da declaración das Nacións Unidas sobre o dereito ao desenvolvemento di: «1.2. O dereito humano ao desenvolvemento implica tamén a plena realización do dereito dos pobos á libre determinación, que inclúe, con suxeición as disposicións pertinentes de ambos Pactos internacionais de dereitos humanos, o exercicio do seu dereito inalienábel á plena soberanía sobre todas as súas riquezas e recursos naturais». O artigo VIII di: «Deben facerse reformas económicas e sociais adecuadas co obxeto de erradicar todas as injustizas sociais».


6. Recomendacións ou alternativas concretas que poden propoñer e levar a cabo tanto a comunidade internacional coma os estados soberanos

-Taxas globais: por exemplo, unha taxa tipo Tobin. 

-Aumento da axuda oficial ao desenvolvemento para chegar aos 0,7% do PIB dos países máis industrializados (en 2010, os países do OECD dedican 0,35 %, a metade do compromiso, ademais a cifra está moi aumentada) e convertila nun fondo de reparación polos danos causados aos pobos do Sur durante os últimos 5 séculos de pillaxe ou dominación por parte das potencias do Norte


-Unha nova disciplina financeira internacional: prohibir as transaccións cos paraísos fiscais


-Aplicar en cada país unha reforma tributaria redistributiva.


-Devolver aos pobos os bens mal adquiridos polas elites dominantes, que os invertiron nos países do Norte e nos paraísos fiscais. 


-Reducir drasticamente os gastos de armamento e invertir as sumas aforradas en políticas sociais


-Facer auditorías da débeda pública para determinar a parte ilexítima da mesma e anulala ou repudiala.
O exemplo de Noruega en 2006: anulación unilateral da débeda con 5 países do Sur (Ecuador, Perú, Exipto, Serra Leona, Xamaica). Noruega considerou que os créditos outorgados non servían ao desenvolvemento destes 5 países. Recoñeceu que foron outorgados en realidade para axudar á industria noruega da construción naval e á exportación de barcos.
O exemplo de Ecuador en 2007-2009: Este país creou unha comisión de auditoria integral da débeda pública interna e externa (na que participei). Sobre a base das conclusións da auditoria [9] decidiu unilateralmente suspender o pago de 3.200 millóns de dólares da débeda en forma de bonos e logrou aforrar máis de 2.000 millóns de dólares.


-Dotarse de novas institucións no nivel rexional: o exemplo do Banco do Sur.

-Ademais, é necesario reemprazar institucións coma o BM e o FMI con institucións internacionais realmente democráticas e que respeten a carta magna das Nacións Unidas e todos os pactos e tratados internacionais sobre dereitos humanos.


-Recuperar o control nacional sobre os recursos naturais.


-Realizar unha reforma agraria, distribuíndo as terras ás e a os que a traballan, garantindo a soberanía alimentaria.







A crise climática en curso afecta e afectará a todos os pobos, pero especialmente aos pobos do Sur do planeta; é necesario inspirarse nas conclusións do cumio dos pobos sobre o cambio climático realizada en Cochabamba en abril de 2010, por iniciativa do goberno de Bolivia.




Si, é posíbel erradicar a pobreza e a inxustiza, pero dentro dunha nova orde internacional e con outro modelo de desenvolvemento humano, respetuoso da naturaleza.




New York, 15 de setembro de 2010


[1] Conferencia pronunciada en New York nunha sesión especial da Asemblea Xeral das Nacións Unidas o día 15 de setembro de 2010. Véxase http://www.un.org/webcast/2010.htlm 15 september 10, Special Event: Interactive debate on Democracy and the Millennium Development Goals.
[Webcast: Archived Video - English: 2 hours and 31 minutes]
[Webcast: Archived Video - Original Language: 2 hours and 31 minutes ]
A ponencia de Eric Toussaint empeza a 1 h 34 do comezo da sesión, hasta 2 h 01.
A axenda completa: • Introductory statement by the President of the General Assembly, Mr. Joseph Deiss. •Introductory statement by the Secretary General of the United Nations, Mr. Ban Ki Moon. • Introductory statement by the Chairman of the International Conference of New or Restored Democracies, Ambassador Jorge Valero, Permanent Representative of the Bolivarian Republic of Venezuela to the United Nations. • Statement by the Associate Administrator of the United Nations Development Program (UNDP), Ms. Rebeca Grynspan. • Statement by the Permanent Observer of the Inter-parliamentary Union, Ambassador Anda Filip. • Presentation by Dr. Juan Carlos Monedero, Director of the Latin American School of Government, Public Policy and Citizenship (Complutense University of Madrid). • Presentation by Dr. Eric Toussaint, founder of the World Social Forum and President of the Committee for the Cancellation of Third World Debt. • Questions, answers and statements. • Summary statement by Mr. Luis Bonilla Molina, President of the Miranda International Center, Caracas, Venezuela.
[2] China e India que non son modelos. Véxase Eric Toussaint, «China y la India, dos países capitalistas actualmente de moda», www.cadtm.org/China-y-la-India-dos-paises 12 enero 2008; véxase tamén Damián Millet e Eric Toussaint, «El Banco Mundial descubre, de un golpe, 400 millones de pobres más», www.cadtm.org/El-Banco-Mundial-descubre-de-un
[3] Para máis infos véxase Eric Toussaint, «Banco del Sur, marco internacional y alternativas» www.cadtm.org/Banco-del-Sur-marco-internacional,2001 en particular 2.c. La continuidad del endeudamiento público
[4] Véxase Damien Millet e Eric Toussaint «Repaso de las causas de la crisis alimentaria mundial» http://www.cadtm.org/spip.php?article3624 Eric Toussaint , «Volvamos a hablar de las causas de la crisis alimentaria», http://www.cadtm.org/spip.php?article3831
[6] Extracto do Informe presentado polo experto independiente Sr. Fantu Cheru con arreglo ás decisións 1998/102 y 1997/103 da Comisión de Dereitos Humanos das Nacións Unidas en Xenebra en 1999: http://www.unhchr.ch/Huridocda/Huridoca.nsf/TestFrame/5870a87f175010f680256751003b6987?Opendocument
[7] O CADTM denuncia o préstamo do FMI e require aos acreedores que paguen reparacións a Haití http://www.cadtm.org/El-CADTM-denuncia-prestamo-del-FMI 13 de febreiro de 2010.
[8] Damien Millet, Sophie Perchellet, Eric Toussaint, «Las inundaciones y la deuda, la doble condena de Pakistán» www.cadtm.org/Las-inundaciones-y-la-deuda-la 3 de setembro de 2010.
[9] Informe final da Auditoria integral de la deuda Ecuatoriana http://www.cadtm.org/Informe-final-de-la-Auditoria

Nenhum comentário: