Cren que a oficialización dos topónimos en éuscaro, catalán e galego é unha “atrocidade e estupidez” e froito de “imposicións nacionalistas e ensoñacións dos secesionistas”.
Gregorio Salvador, Ignacio Bosque e Fernando García de Cortázar foron os tres membros da Real Academia Española (RAE) que onte cargaron duramente contra a oficialización dos topónimos en éuscaro, catalán e galego, algo que chegaron a cualificar de “atrocidade e estupidez” e froito de “imposicións nacionalistas e ensoñacións dos secesionistas”.

Todo chega logo de que o acordo entre PSOE e PNV para sacar adiante os Presupostos incluíse a instaurar denominación oficial en éuscaro das tres provincias vascas (Bizkaia, Araba e Gipuzkoa). “É unha vergoña que se faga iso e se siga gobernando España”, chegou a dicir Gregorio Salvador, que cre que o cambio “é absurdo e molesto”.
Ademais, Ignacio Bosque chegou a defender a castelanización dos topónimos oficiais en galego e catalán. “O lóxico é que Lleida sexa en catalán e Lérida en castelán, como London é Londres”, di. Pola súa banda, García de Cortázar cre que “está sendo mallado o noso idioma común”. “Levamos tempo tendo que aturar abusos cando aos topónimos galegos e cataláns só se lles adxudicaron oficialmente a versión autóctona e non se ofrece a castelá, moito máis espallada entre a poboación”, asegurou o prestixioso historiador.
Mentres, Pachi Vázquez, secretario xeral do PSdeG, en canto á teima co topónimo coruñés, asegurou que “o PP usa o galego en clave electoral, dálle igual unha cousa que a súa contraria”.

Nenhum comentário:
Postar um comentário