07/10/2010

Piden que o 'Día da Hispanidade' non sexa festivo

Nova tirado de aqui.
A plataforma catalá Ómnium Cultural, unha entidade para a defensa da cultura e lingua e a identidade de Catalunya, decidiu non facer festivo o próximo día 12 de outubro, festa estatal coñecida como 'Día da Hispanidade', como queixa ante os recortes do Tribunal Constitucional sobre o Estatut.

Cartaz a prol da soberanía catalá durante unha manifestación en rexeitamento á sentenza contra o Estatut catalán
Cartaz a prol da soberanía catalá durante unha manifestación en rexeitamento á sentenza contra o Estatut catalán. SG



"Òmnium quere manifestar nun día simbólico que non ten nada que celebrar". Así recoñece a plataforma no comunicado da súa páxina web omnium.cat.



A entidade fai un chamamento a todas aquelas que compartan a súa opinión para declarar o Día da Hispanidade como día laborábel. Afirma ademais, que Catalunya non está arraigada ao motivo de celebración dese día e que, ademais, "non representa o sentimento maioritario do pobo catalán".

Òmnium lembra que desde hai 30 anos a situación é de "fractura". Ademais, asegura que "non hai nada que celebrar nun momento en que o Estado español deixa clara a súa concepción centralista e reducionista, pechando as portas a calquera recoñecemento de pluralidade nacional, cultural e lingüística".

Neste senso, Ómnium convida a todas as entidades e organizacións que compartan esta formulación a declarar o Día da Hispanidade como unha xornada laborábel. Ómnium pídelles a todos os colectivos que llo fagan saber no mail oc@omnium.cat.

Nenhum comentário: