O vice-presidente do Partido do Quebeque defende que a Galiza poderia ser viável como Estado soberado integrado na Uniom Europeia.
Respecto para a nación galega. Isto foi o que onte lle reclamou o vicepresidente do Partido de Québec, Daniel Turp, ó Goberno español. Nunha roda de prensa en Santiago, arroupado polo presidente e polo director da Fundación Galiza Sempre, Xosé Manuel Beiras e Xabier Macías, respectivamente, Turp avanzou os eixes da charla pública que hoxe pola tarde ofrecerá en Compostela e que centrará en defender o dereito dos pobos a decidir o seu futuro político e a salvagadar a lingua propia de cada un deles. Tamén afondará nas conquistas sempre pacíficas levadas a cabo no Québec, onde xa se celebraron dous referendos e, no último deles, un 49% da poboación manifestouse a favor de independizarse de Canadá.

Con toda a experiencia dos quebequianos ó longo da historia, Turp, que tamén é profesor de Dereito Constitucional na Universidade de Montreal, amosouse moi contento de poder esta semana en Galicia e asegurou que, ademais de vir falar do seu país e da situación actual que atravesan, tamén trae unha mensaxe para o Goberno español: Que o principio democrático debe prevalecer ante todo e polo tanto Galicia debe poder elixir o que quere ser. Así mesmo, tamén lle advertiu que a lingua galega merece ser compartida e coñecida e o poder central debe permitilo e potencialo, e avogou por unha loita diaria a prol da protección do idioma propio, como fan no Québec co francés fronte ó dominio inglés americano de Canadá.
Daniel Turp asegurou que nacións como Galicia poden ser viables, formando parte dun Estado maior, ou constituíndose como Estados totalmente soberanos e independentes, que á vez poderían seguir formando parte da UE, que se deberían ampliar. "O dereito á autodeterminación debe ser recoñecido, para que cada un escolla o seu futuro", proclamou. Segundo Turp, "a autodeterminación é a base dos fundamentos colectivos, que é moi importante para chegar a respectar os dereitos individuais".
Deputado do Bloc Québécois entre 1997 e 2000, e do Parti Québécois entre o 2003 e o 2008, Turp destacou a "importancia" de que as nacionalidades impulsen "a liberdade" entre elas e de que uns pobos sexan solidarios cos outros. "A verdadeira solidariedade é esa, mostrar que se apoian, que se apoia o que queren as outras nacións. Porque non lles corresponde aos cidadáns de Québec decidir o que os galegos queren", argumentou. Así, considerou que os galegos deben "definir o seu futuro, o seu destino e, dependendo do contexto histórico, o seu Estado". Nesta liña, Turp recordou a existencia de estados "moito máis pequenos que Galicia, que son nacións e son totalmente viables".
Nenhum comentário:
Postar um comentário