24/11/2010

A UE nega ter apoiado o Decreto de Plurilingüismo da Xunta

Nova tirada de aqui.

Desde a esquerda, Ana Miranda, Oriol Junqueras e Androula Vassilou

Desde a esquerda, Ana Miranda, Oriol Junqueras e Androula Vassilou. BNG

Na reunión, Vassilou confirmou que a Comisión Europea nunca avala normas autonómicas sobre lingua "por non estar dentro das súas competencias". Segundo Ana Miranda, a postura da comisaria desmonta os argumentos expostos por Xesús Vázquez, conselleiro de Educación, quen afirmara que a UE, a través da comisaria, "aplaudía o Decreto do Plurilingüismo", que ademais cualificaba de "ambicioso" e "equilibrado".

Agora, a comisaria, que recibiu a Miranda xunto ao eurodeputado de ERC Oriol Junqueras (que forma parte do mesmo grupo parlamentario que o BNG), desmente tacitamente o comentado polo conselleiro e o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, na reunión mantida por eles en Bruxelas en setembro.

Ana Miranda faloulle a Vassilou das dificultades legais e reais da lingua galega para desenvolverse en áreas como a expresión cultural, os medios de comunicación e o ensino e analizou canda ela "o ataque que sofre pola política lingüística de Núñez Feixóo". A comisaria non valorou ningunha das declaracións da futura eurodeputada galega e só se comprometeu a visitar Galiza no futuro e agradecer os agasallos que recibiu da man da política nacionalista, libros de Castelao e Rosalía de Castro en lingua galega.

Nenhum comentário: