01/12/2010

Dous Premios Nóbel de Economía pidan que se meta no cárcere os banqueiros

Noticia tirada de aquí.




Economistas como Joseph Stiglitz e George Akelof veñen dicindo durante os últimos meses e en repetidas ocasións que "é imposíbel resolver a crise económica sen que os criminais que cometeron a fraude estean no cárcere".

O Nóbel de economía George Akerlof criticou que non se castigue aos delincuentes de pescozo branco e que se facilite coas novas medidas económicas as condicións para cometer este tipo de delitos, o que provocará maior destrución da economía no futuro.

O tamén Nóbel de Economía Joseph Stiglitz denuncia que o sistema está deseñado para fomentar ese tipo de cousas, e que as persoas que tiveron a maior responsabilidade na situación actual non están a ser sancionados, e aínda que se lles multase cun 5% ou 10% das ganancias que obtiveron, seguirían vivindo nas súas luxosas casas e cos seus centos de millóns de dólares.

"O sistema está deseñado para que se te pillan, a multa sexa só un número moi pequeno comparado coa fraude cometida. É como unha multa de aparcadoiro, ás veces tomas a decisión de aparcar nun sitio a propósito de que poderían porche unha multa", sinala o premio Nobel, que asegura que habería que meter a moitos dos responsábeis no cárcere".

"Imos confiar en quen nos meteron nesta situación para sacarnos dela? Eles recoñecen que non fixeron ben as cosas pero que a súa comprensión da situación é boa. Se cren isto, estamos nunha lea, síntoo"



Nenhum comentário: