As mozas galegas de 15 anos son as únicas de España que superan en ciencias aos mozos. Só en Murcia é posíbel aprender mellor as matemáticas nun colexio público que nun privado. Un alumno de Madrid é o que máis condicionado está polo contexto socioeconómico onde está situado o seu colexio a pesar de que vive na rexión máis rica do Reino España [debido principalmente a fiscalidade das empresas nesa comunidade polo centralismo do Estado español, Nota do blogger].
A análise profunda dos resultados do informe PISA da OCDE 2009 outorga multitude de conclusións. Moitas, como as citadas anteriormente, son extremas ou case anecdóticas, pero a visión global no espazo e o tempo de todas elas xunto cos datos oficiais xa coñecidos despregan un mapa educativo cun norte e un sur claros e dúas grandes excepcións: Castela e León e Balears. Nestas dúas rexións do Estado as condicións socioeconómicas non encaixan co seu nivel de riqueza.
Desde 2003
"As comunidades cun modelo económico similar para os mozos como Balears, Canarias, Andalucía e o País Valenciá teñen malos resultados", analiza o sociólogo da Educación da Universidade Complutense Mariano Fernández Enguita. Inclúe no mesmo saco ao País Valencià a pesar de que non se presentou a PISA, pero asegura que outros exames indican que vai mal. Prudente á hora de sacar conclusións, Enguita sinala que as comunidades que se avaliaron en 2003 por primeira vez, "Catalunya, País Vasco e Castela e León, son as mellores porque o toman en serio".
"A pesar de todo non hai grandes diferenzas como en Italia, onde os do sur son Tunes e os do norte son Suecia. Aquí hai unha diferenza entre comunidades autónomas como a que existe entre os diferentes estados de EEUU se excluímos a Ceuta, Melilla e Canarias", analiza o catedrático de Socioloxía da Educación da Universidade Complutense, Xullo Carabaña.
"O nivel descende de norte a sur e o investimento non sempre é a chave, pero en Euskadi invístese o dobre que en Andalucía", engade Caranaña. "A chave non é investir máis senón onde e de que maneira. Podes subir os soldos aos profesores ou contratar a máis", analiza Enguita.
A primeira ollada das estatísticas negativas aparece Balears. Os responsábeis de Educación desta comunidade declinaron falar con Público para explicar estes resultados. Os seus alumnos están entre os de peor rendemento, teñen máis repetidores, menos ordenadores en clase e sobre todo con menos esforzo investidor. "Cando se está mal en todo, por algo será", coinciden Carabaña e Enguita.
Na súa opinión, é a eficacia da xestión a que marca a diferenza. A elección dun modelo público ou privado marcan moitas distancias pero non sempre no mesmo sentido. Navarra é a que maior distancia ten en rendemento entre os centros privados e os públicos e Madrid, Catalunya e Euskadi os que máis porcentaxe de alumnado deixan en mans de empresas, cooperativas ou ordes relixiosas.
"O caso de Madrid parece moi agresivo, porque de cando en vez outorga concertos a radicais como aos Lexionarios de Cristo, pero non ten malos resultados", advirte Enguita. "No País Vasco hai poucas diferenzas entre centros porque teñen moitos privados e é difícil que seleccionen ao alumnado", detalla Carabaña.
Outros datos educativos sinalan contradicións. O Ministerio de Educación apresurouse a sinalar a enorme influencia dos repetidores para escorrentar a mediocridade das análises do resultado de PISA. A mellor comunidade en todas as categorías do exame é Castela e León onde os repetidores dispáranse ao 36% entre os quinceañeiros. "Os repetidores de alí serían os amos en Baleares", compara Carabaña.
PISA revela que en dez anos movéronse moi poucas cousas no sistema educativo en España. Quizá esa calma chicha sexa o peor síntoma da mediocridade.
Nenhum comentário:
Postar um comentário