02/01/2011

Wikileaks: cortina de fumo política

Tirado da Rede Voltaire e traducido para galego-portugués por nós. Recentemente Boaventura de Sousa Santos apontava um possível pacto entre Julian Assange e o Mossad israelita. Os mídia publicaron cables de pouca relevancia criando unha ingente cortina de fumo, que se ben puxo ao ar miserias do imperialismo, non relevou nada realmente molesto para o establishment norte-americano nem doutros estados. Para alén diso, o anúncio de que iam tirar documentos suficientes para afundir dous dos máis grandes bancos norte-americanos ficou en auga de borrallas e nada máis se soubo diso após a detención de Assange. Parece daquela nom demasiado arriscado ou conxetural pensar que Wikileaks pode responder a algo do que dicían no seu momento desde a Rede Voltaire.



O sitio Wikileaks entregou fai varias semanas unha serie de documentos militares de carácter confidencial a tres medios de prensa (The New York Times, The Gardián e Der Spiegel) para que puidesen examinalos antes de publicalos [Nota do blogger: no Reino de España o xornal encarregado de publicar os cables foi o xornal españolista e ligado co multimillonario mexicano envolvido no golpe contra Chávez, Carlos Slim. Trátase de El País, efectivamente, asociado aínda por algúns incautos á esquerda].

O 25 de xullo de 2010, Wikileaks publicou os 92 000 documentos orixinais e o tres medios de prensa xa mencionados publicaron simultaneamente os seus propios artigos. É a maior filtración de documentos militares en toda a historia.

Estes documentos son notas utilizadas polas tropas implicadas en Afganistán. Algunhas son relatos de combates, outras conteñen reportes de intelixencia. O seu nivel de confidencialidade non é alto (o cal significa que pasaron por moitas mans), pero a súa cantidade é moi elevada (o cal implica que son poucas as persoas que tiñan posibilidades de reunilas). A súa autenticidade non foi cuestionada. A prensa internacional e numerosos líderes do mundo enteiro han comentado as conclusións do tres medios de prensa, considerando que se trata de informacións seguras.

Os nosos detractores esperan que a Rede Voltaire  se congratule por esas filtracións e que explore eses documentos en contra das forzas estadounidenses, para acusalas de crimes e de incompetencia. Non faremos nada diso.

Todo fai pensar que esas filtracións foron organizadas por un sector do aparello estadounidense que quere impor os seus propios puntos de vistas simultaneamente coa destitución do xeneral McChrystal polo presidente Obama [disto publicamos um artigo de opiniom de Immanuel Wallerstein no seu dia]; Nota do blogger]. E o feito que este último detivese a realización de calquera investigación interna destinada a identificar a orixe das filtracións demostra que el mesmo coñece esa orixe, que non desexa enfrontalo e que o aproba.

Os mencionados documentos non describen a realidade no terreo senón que constitúen un testemuño do grao de autointoxicación das forzas estadounidenses. As notas de intelixencia afgás nas que se fundamentan as operacións das tropas da alianza en Afganistán só reportan chismes tan estúpidos que uno non pode menos que preguntarse como é posíbel que tales informantes fosen recrutados. Resulta especialmente ridículo presentar a un oficial paquistaní de 74 anos, o xeneral retirado Hamid Gul, como o manipulador oculto dos insurxentes e único responsable do fracaso militar da  NATO.

Non nos sorprende que tres medios de prensa coñecidos polo seu cego aliñamento coas teses atlantistas estexan a participar nunha operación psicológica de diversión cuxo obxectivo é criticar a un xeneral que acaba de ser destituído para xustificar as responsabilidades políticas desta catástrofe humana.

En todo caso, é inquietante é a unanimidade dos grandes medios de prensa, que viñeron repetindo constantemente durante anos as mentiras de Washington.

A guerra de Afganistán é ilegal. Independentemente de que nos resulten simpáticos ou non, os insurxentes exercen o seu dereito fundamental e lexítimo a defender o seu propio país contra a ocupación estranxeira. Cando se fala de crimes non se trata soamente dos excesos cometidos por esta ou aquela unidade militar senón de todas as operacións que se están desenvolvendo nese país e da presenza mesma de tropas estranxeiras.

Nenhum comentário: