02/01/2011

17 de Xaneiro, greve xeral convocada pola CIG

A CIG convocou umha greve xeral para o vindeiro día 17 de xaneiro e as primeiras consecuencias xa se fixeron notar, como o feito de que - fora o xornal en galego Galicia Hoxe- a maioría dos xornais silenciaran a   convocatoria da central nacionalista que reúne a 80.000 filiados cotizantes sendo a maior da Galiza.

Xornais como La Voz de Galicia, nunha guerra curiosa contra Lendoiro e o Deportivo da Cruña ultimamente, nin sequera nomean nas súas páxinas interiores en ningún momento a convocatoria da greve xeral, o que si fan outros mídia como El Progreso ou La Región ou outros medios de menor difusión. La Voz de Galicia volta demostrar até onde serve ás clases dominantes e como unha e outra vez actúa como veleno e cancro da Galiza.

Destarte, ningún xornal editorializou  a greve, isto chegou até o extremo de que en Xornal de Galicia dedícase á reforma das pensións, mais non se nomea a greve, aínda cando a principal causa desta é a reforma das aposentadorias. 

Este silencio contrasta coa campaña  de desprestixio, acoso e derrubo contra os sindicatos do pasado 29 de setembro feita desde os editoriais da prática totalidade dos xornais, especialmente o Faro de Vigo e La Opinión. Canto á TVG apenas cortes de 30 segundos para o anuncio da CIG da greve xeral no telexornal mediodía do 29 de decembro e e unha entrevista de catro minutos no Bos Días do 30 de decembro. En canto o secretario xeral de CIG, Suso Seixo, contou apenas con catro minutos o Deán de Santiago Compostela dispuxo no mesmo programa de once minutos, ou seja 275% mais de tempo para um porta-voz da Igreja Católica do que para o representante da central sindical mais representativa da Galiza.

Nenhum comentário: