1. Por que unicamente se xulgou a 33 persoas polo 23-F, cando só no asalto do Congreso participaron mais de cen militares, entre soldados e gardas civís? Por que se aceptou o acordo de rendición dos golpistas –o chamado “pacto del capó”– a pesar de que non tiña validez legal algunha?
2. Por que nin xiquera foron procesados varios oficiais do Exército que tamén asaltaron o Congreso?
3. Por que o Goberno de Felipe aplicou despois todo tipo de beneficios penitenciarios?
4. ¿Por que en 1987, aos seis anos, só quedaban entre reixas catro golpistas?
5. Por que o Goberno indultou o xeneral Alfonso Armada en 1988, cando só cumprira unha cuarta parte da súa condena? O seu avogado argumentou que padecía “una enfermedad grave e incurable” e aí o teñen, con a súa má saúde de ferro. Onte dixo que está “satisfecho” do que fixo.
6. Por que a Fiscalía non se opuxo á excarcelación de Jaime Milans del Bosch y Ussia en 1990, cando só cumprira un terzo da súa condena, a pesar do seu nulo arrepentimento? “Volvería a hacer lo mismo. La situación de España era y sigue siendo más grave que la de 1936”, asegurou nunha entrevista a Interviú, en 1985.
7. Por que os golpistas que foron expulsos do Exército e a Garda Civil (menos da metade dos condenados, a maioría se reincorporou) seguiron cobrando o 80% do seu soldo base en concepto de “dereitos pasivos”? Por que Tejero aínda hoxe cobra ese salario?
Nenhum comentário:
Postar um comentário