24/03/2011

Dionisio Pereira analiza a represión franquista no mar

O libro apresentouse na libraria Couceiro na pasada terza-feira, martes coa presenza de Lourenzo Fernández Prieto e o autor Dionísio Pereira, que adiantou que está traballando nun novo libro sobre a clase obreira compostelá.

http://www.galiciahoxe.com/img/noticias/20110323/gp30f04451111_496894.jpg
O investigador e coordinador do Proxecto Interuniversitario Nomes e Voces, Dionisio Pereira, presentou onte na Librería Couceiro de Compostela o seu último libro, Loita de clases e represión franquista no mar (1864- 1939). O acto contou coa participación de Lourenzo Fernández Prieto e Manuel Bragado. O autor asegura que a ditadura franquista foi capaz de espallar con éxito unha visión que despolitizaba a represión, reducíndoa a cuestións como as loitas entre familias: "O mar é exemplo claro de agresión baseada nunha loita de clases que xa viña desde o século XIX, cun desenvolvemento da organización sindical e patronal dun nivel moito maior que o conxunto do Estado español. En realidade, a pesca era o único segmento estruturado da economía galega antes da guerra civil, cunha estrutura vertical desde a extracción á comercialización... Dado o peso económico e social do sector, é lóxico que xurdise esa loita de clases".

Nenhum comentário: