04/04/2011

Cesan o xornalista que descubriu a Rajoy no barco dun narcotraficante

Rosa María Artal. Artigo tirado de aquí e traducido por nós para o galego-portugués. Agradecemos a Jorge Pérez Árias que nos fixera chegar esta nova.

http://rosamariaartal.files.wordpress.com/2011/04/rajoy-barconarcos.jpg?w=320&h=400

Esta foto (ou unha curiosa coincidencia de datas) custoulle o posto ao director de Xornal de GaliciaMoropa, propiedade dun dos clans históricos do narcotráfico: Os Caneos. Naquel momento, o xefe do clan, Daniel Baúlo Carballo, cumpría unha condena de 17 anos e medio de cárcere tras ser considerado pola Policía como "o traficante máis importante a nivel nacional" que foi quen descubriu o asunto. Nela, Mariano Rajoy, aparece (dentro dos actos previos á campaña electoral de 2009) no atuneiro . Público indagou algúns detalles máis.  Entre eles, a confirmación do PP galego da estancia de Rajoy no barco, nun acto "improvisado", sen saber a quen pertencía.

Galicia Confidencial conta que Mariano Rajoy "montou en cólera" e chamou a Jacinto Rei propietario da construtora San José, e do Xornal de Galicia. E engade: "Segundo fontes consultadas, Rajoy suxeriu que presidirá o Goberno en breve, o que significa ter o poder para continuar adxudicando ou non, as obras públicas das principais empresas españolas, entre elas, por suposto, a construtora San José".

José Luís Gómez, director até agora de Xornal de Galicia, foi relevado do seu cargo, de "mútuo acordo" coa propiedade da empresa. A celeridade dese "mútuo acordo" deixa no cargo de directora "en funcións" -como di o propio xornal-  á subdirectora María Martínez Val.

   É dicir, Rajoy sóbese ao barco de coñecidos narcotraficantes como proba a fotografía. E non pasa nada, non ten repercusións. Salvo para o xornalista que decidiu publicala que, casualmente, asina un "mútuo acordo" de despedimento inmediatamente despois da exclusiva.

   Pásao. Empapela as rúas coa foto de Rajoy hóspede de narcos. Até que "o futuro presidente español" saiba que xa non vivimos tempos de tapar o que non convén que se saiba.

2 comentários:

mincinho disse...

Bem, mas isto nom está em galego-português, senom em galego-castelám

AFP disse...

Caro. Eu som particularmente regeneracionista ou reintegracionista. Nem todos os gestores desta página o som, nem todos os leitores da mesma o som. Por isso costumamos pôr as entradas originais em português respeitando a escolha ortográfica de cada quem ao tempo que nas traduçons usamos indistintamente qualquer umha das normas. O importante e visualizar a nossa porstura e sermos conscientes da unidade galego-portuguesa, mas coido eu que fugindo do seitarismo e com generosidade. Nesta obra, como em todas as obras coletivas, há sítio para todas e todos. Comprendo perfeitamente, contodo, o teu comentário. Como dizia o Carvalho o galego ou é galego-português ou é galego-castelhano, nom há outra opçom.

Umha aperta irmandinha. Antom.