A nosa fe no moderno sistema alimentario é conmovedora. Cando nunha bolsa de follas de ensalada se le: "Lavada e lista para o seu consumo", a maior parte da xente devorará o seu contido sen pensarlo dúas veces. Damos por feito que as follas se cultivaron de modo seguro, que recolleron de modo hixiénico, que se arrincaron, lavaron, secaron e empaquetaron tan meticulosamente nunha fábrica que non nos fai falta sequera enxaguagalas baixo a billa da cociña.
E por que non iamos facelo? A primeira vista, xamais os nosos alimentos foron máis seguros. Os cultivadores, agricultores e procesadores de alimentos de todo o mundo están metidos até o pescozo en regulamentacións e protocolos impostos por organismos de seguridade alimentaria e un puñado de comerciantes polo miúdo aínda máis poderosos e esixentes. A Autoridade de Seguridade Alimentaria Europea (EFSA, European Food Safety Authority) dinos que está ao quite do "campo ao garfo" e alardea do seu sistema de "alerta rápida". No Reino Unido, cando algún temor alimentario chega aos titulares, un portavoz da Food Standards Agency (Axencia de Calidade Alimentaria) aparecerá de modo fiable con palabras tranquilizadoras quitándolle importancia ao risco.
Nesas estrañas ocasións en que a nosa confianza normalmente relaxada puidese caer no pánico, como sucedeu coas ensaladas tras o novo brote de e.coli en Alemaña, podemos quedar coa consoladora noción de que o estamento transnacional de saúde pública conságrase a rastrexar a fonte dun problema rebelde. O noso lustroso e limpo sistema de última xeración non se pon en cuestión.
E habería que polo. O estamento de seguridade alimentaria con bata branca, redeciña na cabeza e lavado e restregado a conciencia fala nunha linguaxe de "bioseguridade", "análise de risco", e "puntos de control críticos", pero o certo é que a industria alimentaria se autorregula en boa medida. O aparato da seguridade alimentaria moderna garda máis relación coa conveniencia empresarial e o establecemento dun rastro de papel que demostre a "debida dilixencia" en caso de problemas que con garantir a seguridade pública. Abundan as listas de comprobación, o papelorio e as auditorias. Estes procesos burocráticos baséanse no cuestionable suposto de que cando a xente di que fixo algo, como analizar a calidade microbiolóxica da auga con que se lavan regularmente as ensaladas ou interromper o tratamento de pesticidas dúas semanas antes da colleita, é o que de verdade fixeron.
Agora que os escándalos alimentarios están regularmente á orde do día, fainos falla entender que, pola súa mesma natureza, o noso sistema alimentario industrializado e globalizado procrea problemas de saúde pública. Oriéntase a producir enormes cantidades de alimentos e elevar a produtividade pero ao mínimo custo. De modo que os agricultores e cultivadores se ven empurrados a aforrar facendo economías e adoptando prácticas intensivas, deixándonos expostos a riscos sen precedentes que son cada vez máis graves: dende as toxinas até os cultivos transxénicos que aparecen no sangue fetal, dos tenreiros clonados e enfermizos que morren ao pouco de nacer á creación de supervirus máis virulentos.
A aparición a semana pasado dunha nova cepa de MRSA (estafilococo aureus resistente á meticilina)[1] en vacas británicas, resistente a grupos esenciais de antibióticos, é un caso pertinente. A causa de raíz é case con seguridade o uso rutineiro de antibióticos nas granxas leiteiras intensivas. Utilízanse como "arranxo" de alta tecnoloxía nun intento cada vez máis desesperado de manter baixo control a mastitis, unha das enfermidades endémicas da produción industrial de animais de granxa. Pero cando os supermercados pagan aos produtores leiteiros menos do que lles custa producir, que outra cousa podemos esperar?
As modernas unidades de produción alimentaria, xa se trate dos cebadeiros de reses ou os invernadoiros ou "hubs" con politúneles á europea do tamaño dunha pequena cidade son dunha escala tal que amplifica o impacto de todas as bombas de tempo que os nosos sistemas alimentarios industriais están a preparar. Se a auga contaminada con bacterias tóxicas nos alimentos potencialmente fatais como o e.coli chega a contaminar algunha vez a colleita de pepinos, xa podemos rezar e esperar que suceda nalgunha granxa illada, separada das rutas comerciais globais, e non, por exemplo, nos invernadoiros holandeses que proporcionan un terzo da subministración mundial. Unha pequena unidade que produza un produto contaminado afectará só a un número pequeno de persoas, unha xigantesca que faga outro tanto prexudicará a un gran número.
Denunciouse a prohibición rusa de importar froitas e verduras da UE como algo desproporcionado e con motivacións políticas. Pero a distribución e o comercio comerciante polo miúdo globalizado de alimentos presentan problemas de saúde pública de primeira orde que traspasan as fronteiras nacionais en cuestión de horas sen que poidamos concertar un intervalo horario para a súa entrega en casa e antes de que a policía alimentaria caia na conta. No principio do ano, enviáronse a Holanda ovos contaminados con dioxina para ser procesados, procedentes tamén de Alemaña, despacháronse a dúas empresas británicas que manufacturan alimentos procesados e distribuíronse logo no Reino Unido a través de grandes supermercados. Para cando se determinaron cales eran os elos dunha cadea que se estendía por tres países, a Food Standards Agency recoñecía que a maioría dos produtos xa se venderan e consumiran. Poida que Rusia estea a sacar partido dunha situación comercialmente vantaxosa, pero se fósemos cidadáns rusos que se intoxicaron con e-coli ao comer ensaladas importadas dunha rexión xa afectada, quereriamos saber por que o noso goberno non nos estivo protexendo.
O peor brote de e.coli no Reino Unido até a data matou en 1996 a 21 persoas en Lanarkshire. A fonte, unha pequena carnicería na que a contaminación se produciu ao mesturarse a carne crúa coa xa preparada para o seu consumo, identificouse con bastante rapidez debido a que se localizaron os casos. Por contraposición, aínda que o actual brote de e.coli parece afectar a xente do norte de Alemaña ou a quen estiveran na zona, a fonte do envelenamento está envolvida no misterio. A diferenza crave neste caso é que a xente de Lanarkshire comera a carne do lugar. En Alemaña poden comer ensaladas que procedían de lugares a miles de quilómetros de distancia, o que fai moito máis difícil situar con exactitude a fonte.
Xa se trate do e.coli ou dalgunha outra cousa, os repetidos escándalos alimentarios van seguir estando á orde do día ata que aceptemos, como di hoxe Oxfam, que o sistema alimentario global está "desfeito" e resulta cada vez máis disfuncional, e no caso da seguridade alimentaria, de modo perigoso. Os riscos institucionalizados que se corren son endémicos. As autoridades de seguridade alimentaria simplemente viven con iso. Un alarmante 75% das aves de curral británicas, por exemplo, está contaminada no punto de venda con campylobacter, un virus tóxico para os alimentos que no peor dos casos, pode matar. Dicir que debemos cociñar concienzudamente o pito para eliminalo, lavar as ensaladas (aínda que agora sabemos que o e-coli non se elimina de modo fiábel nin sequera con auga clorada) e non inquietarmonos polo MRSA que se incuba nas granxas, dado que a pasteurización o mata, de maneira que toda vai ben pois. Fin do pánico.
Pero se queremos que os nosos alimentos sexan seguros, debemos recoñecer que isto só pode lograrse cun modelo radicalmente diferente de alimentación e agricultura, que se base no potencial en boa medida sen explotar dunha produción e distribución de alimentos a pequena escala, moito máis rexional. Necesitamos un novo sistema que non concentre xa o poder e o control da cadea alimenticia en mans dunhas poucas corporacións e grupos de interese globais, a expensas de todos os demais, que sitúe a diversidade no seu centro e respecte os límites do mundo natural, en lugar de tratar de anulalos. Até entón podemos esperar máis temores alimentarios. É o negocio de costume.
Nota do t.: [1] O MRSA, siglas en inglés de "Methicillin-resistant Staphylococcus Aureus" ou estafilococo aureus resistente á meticilina, é unha infección bacteriana causada polo xerme Staphylococcus aureus (comunmente chamado "Staph"), que é resistente a un grupo de antibióticos, entre os que se contan a penicilina, a meticilina, a oxacilina, e a amoxicilina. A infección iniciouse polo uso inadecuado de antibióticos non tomados durante o período completo prescrito. Estas bacterias atópanse habitualmente en contornas hospitalarias, así como en instalacións deportivas e outros ambientes húmidos e cálidos. A mellor defensa contra eles consiste nunha boa hixiene, en bañarse e lavarse as mans con frecuencia. A maioría dos casos de MRSA aparecen como infeccións da pel, con grans ou lesións.
Joanna Blythman, xornalista de investigación e colaboradora de medios radiotelevisivos, está especializada en cuestións de alimentación.

Nenhum comentário:
Postar um comentário