15/08/2011

Warren Buffett pide ao Congreso usamericano que suba os impostos aos superricos



O multimillonario Warren Buffett, na imaxe, era xa célebre pola súa afirmación clásica "por suposto que hai unha loita de clase, e é a miña clase a que a vai gañando".  Agora volta sair á palestra para pedirlle aos congresistas dos EUA que suban os imposto as rendas máis altas, pois a contrario do que di a teoría ultraliberal isto non é malo para economía senón positivo para todo o país.

Buffett expuxo estas ideas nun seu artigo publicado en The New York Times e intitulado "Deixade de aloumiñar os superricos" (Stop coddling the Super-rich). Pola súa experiencia di que unha subida de impostos ás rendas altas non desalentaría a inversión, como defenden os teóricos da teologia ultraliberal.

Um comentário:

AFP disse...

Relacionada:

http://www.esquerda.net/artigo/%E2%80%9Cparem-de-mimar-os-super-ricos%E2%80%9D-diz-warren-buffett-o-terceiro-mais-rico-do-mundo