Pódese criticar a Rubalcaba polo sentido da oportunidade. En bo tempo, que diría a miña avoa. O esprínter recupera un imposto de Patrimonio para os máis ricos "ese mesmo gravame que o PSOE enterrou", na recta final da lexislatura, cando será Rajoy quen presumibelmente gañe as eleccións e cando ao PP bastaralle con outro decreto lei para tombar o que agora levante, tarde e mal, o Goberno socialista. Pero hai algo que agradecer á campaña de Rubalcaba: que por fin en España se fala de impostos, ese tabú. "Ao longo da década de 2000 perdemos, por sucesivas baixadas de impostos, 28.000 millóns ao ano, en cifras constantes. Visto en perspectiva, é evidente que é un erro", admitiu onte o candidato socialista nunha entrevista a El País. É unha autocrítica terríbel: 28.000 millóns de euros anuais, por entendernos, é o duplo do que se aforrou co tesourazo de maio de 2010 que rebaixou os soldos dos funcionarios ou conxelou as pensións para facer "sustentábeis" as contas públicas.
Aínda que o peor non é o canto, senón o como. Eses 28.000 millóns anuais dos que fala Rubalcaba beneficiaron maioritariamente ás clases altas, fronte ás clases medias e baixas. Foron os máis ricos, agora tan amentados, quen porcentualmente máis gañaron coas progresivas reformas fiscais de Aznar e Zapatero. Hoxe pagan menos que nunca nun dos países con menor presión fiscal de toda Europa. "Todos contribuirán ao sostemento dos gastos públicos de acordo coa súa capacidade económica mediante un sistema tributario xusto inspirado nos principios de igualdade e progresividade", di a Constitución, ese texto semisólido, de rixidez variábel, que só é sacro a intres.

Nenhum comentário:
Postar um comentário