José María Aznar en compañía do ditador libio Muammar Gaddafi, agora inimigo da "democracia" e de "Occidente". |
O expresidente do Goberno español José María Aznar declara hoxe nunha entrevista que "na eurozona houbo dous tipos de intervencións: Unha ortodoxa, non inflacionista, clásica para Grecia, Irlanda e Portugal. E unha heterodoxa, inflacionista, non clásica e a través do BCE, que é a aplicada en España e Italia".
Aznar fixo estas declaracións nunha entrevista que publica hoxe o diario italiano Correr della Sera en que sinalou, ademais, que Italia e España deben afrontar o futuro sobre a base de que foron "salvados".
Por iso, comentou que deben "reencontrar un sitio na economía internacional, tomar decisións importantes e deben reconquistar as súas marxes de autonomía".
Aznar, participou o venres na 37 edición do Foro Ambrosetti, a reunión anual sobre asuntos económicos e de política internacional que se celebra en Cernobbio, xunto ao lago de Como, no norte de Italia.
Preguntado por se cre que os gobernos de ambos os países son conscientes de que dita intervención do BCE foi determinante, Aznar respondeu: "En xeral non".
"Teñen a cabeza noutras cousas. Na zona euro houbo dous tipos de intervencións: Unha ortodoxa, non inflacionista, clásica para Grecia, Irlanda e Portugal. E unha heterodoxa, inflacionista e non clásica operado a través do BCE e que é a aplicada en España e Italia", explicou. Así mesmo, destacou que os dirixentes políticos deben ser conscientes desta situación e opinou que "en España os populares, que gobernarán deica pouco, o son".
"Os nosos dous países (España e Italia) deben afrontar un futuro sobre a base de que foron salvados. Deben achar de novo un posto na economía internacional, deben tomar decisións importantes e deben reconquistar marxes de autonomía. Sen esta reflexión será difícil explicar á xente que a situación é complicada", afirmou.
E á pregunta de por que os políticos non se dan conta desta realidade, o expresidente español e actual presidente da Fundación para a Análise e os Estudos Sociais (FAES), asegurou: "Non queren darse conta porque a intervención do BCE é a expresión dun gran fracaso e a ninguén lle gusta admitir un fracaso".
"En España isto vale, sen dúbida, para o Goberno socialista", agregou.
Sobre como España e Italia poderán recuperar ese terreo perdido, Aznar comentou: "Aumentar a carga fiscal non é unha boa idea, o problema é o gasto (...). Hai que afrontar un cambio de sistema, privatizar, liberalizar, tentar recuperar unha perspectiva de crecemento e de ocupación".
Nenhum comentário:
Postar um comentário