O último informe da OCDE sobre a educación en España, presentado hai exactamente unha semana e practicamente ausente do debate nos medios de comunicación de masas a pesar da premente actualidade dos ataques ao ensino público, deseña un panorma con máis sombras que luces. A pesar dunha evolución positiva en termos netos no período de quince anos (1995-2009) considerado, os deficits que arrastra o sistema de ensino español son aínda preocupantes, moi especialmente no referido ao tramo do ensino secundario.
Vexamos, a seguir, as principais claves que achega o informe da OCDE. Unha observación previa: todos os links levan á versión en tamaño completo dos gráficos correspondentes, xa que para non facer o post excesivamente pesado en termos visuais só inserín no texto algúns deles e en tamaño reducido (para ampliar, click!).
I. DEFICITS ESTRUTURAIS DO SISTEMA DE ENSINO ESPAÑOL
1. Unha pirámide educativa desequilibrada, fonte de desigualdades sociais e de atraso económico. Mentres que na educación terciaria (Universidade + Ciclos Formativos de Grao Superior), España presenta unha media idéntica á do conxunto da OCDE e levemente superior á da UE, no ensino medio a situación é radicalmente diferente, xa que a porcentaxe de poboación con ese nivel de formación equivale a menos da metade da media dos países desenvolvidos. Por outras palabras: hai unha descompensación brutal, propia de sociedades pouco cohesionadas socialmente, que leva a unha concentración nos extremos superior e inferior da escala. Isto significa que case a metade da poboación (o 48%, para sermos exactos), ao posuír no mellor dos casos unicamente a titulación do ensino primario, carece dunha cualificación profesional que permita a súa inserción laboral en sectores competitivos, lastrando dese xeito a evolución do sistema produtivo. Non por acaso, as porcentaxes máis elevadas de persoas que non posúen máis formación que a primaria ou pre-primaria ocorren nos países da América Latina e do sur da Europa. A conclusión obvia é que resulta necesario priorizar o ensino secundario (e, notadamente, o ensino profesionalizante desta etapa, como pode verse aquí) como condición imprescindible para o progreso económico e social.
2. Evolución positiva, pero insuficiente e descompensada. A porcentaxe de poboación con formación primaria ou inferior desceu 17p.p. nos últimos 11 anos, o que é un dato positivo pero insuficiente, xa que nese ritmo, España tardaría aínda outros 25 anos en chegar a un nivel homologable ao que actualmente teñen os seus socios europeos. Pero o máis preocupante é que esa redución foi canalizada de maneira descompensada, de xeito que 9p.p. alimentaron o incremento do ensino superior, mentres só 8p.p. se dirixiron ao ensino medio. Dese xeito, a pirámide educativa española presenta unha base sobredimensionada (exceso de persoas con baixa formación) e unha cúspide (ensino superior) maior que o estrato intermedio, terreno abonado para o aumento das desigualdades sociais.
3. Desfase histórico, desfase actual. Se na poboación maior de 55 anos, España presenta un panorama propio do terceiromundismo no cal o franquismo mantivo sumido o país, na faixa de poboación nova economicamente activa (25-34 anos), a realidade aínda é preocupante. É certo que aumentou en máis do dobro o nivel de cualificación media da poboación, pero o desfase a respecto da UE é aínda notable: hai un 36% de xente nova que non completou o ensino obrigatorio, fronte a unha media do 17% na UE e do 19% no conxunto da OCDE.
4. Fracaso escolar superior á media. As taxas de fracaso escolar en España, medidas pola porcentaxe de persoas que non consegue a titulación propia do ensino obrigatorio, é do 26% (20% nas rapazas e 31% nos rapaces), case o dobro da media da UE, que está no 14% (11% nas rapazas, 19% nos rapaces). Tamén neste aspecto, hai unha evolución positiva -debida en boa medida ás mudanzas lexislativas introducidas na última década- pero claramente insuficiente, como mostra estoutro gráfico.
5. O ensino superior aproba xustiño. Por unha banda, a media de poboación con acceso ao ensino superior é levemente superior á media internacional (un 38% fronte ao 34% da UE e ao 37% da OCDE), pero por outra a porcentaxe de titulados é inferior. Con todo, cómpre relativizar os bos datos do ensino superior, xa que se deben ao éxito da formación profesionalizante de grao superior, que presenta unha das porcentaxes máis altas da OCDE; no tocante á formación universitaria, polo contrario, España continúa no furgón de cola e a considerable distancia da media da UE, ademais de evidenciar un estancamento e mesmo unha tendencia á súa diminución.
II. A EDUCACIÓN, O MELLOR INVESTIMENTO PERSOAL E SOCIAL
6. Relación social beneficios/custo de 3 a 1. Os investimentos en educación son os máis rentables que pode realizar unha sociedade: 1€ investido produce un retorno de 3,9 € (4€ no caso das mulleres; 3,8 € no dos homes). O ensino vén ser un caso paradigmático de negocio win&win: hai beneficio neto en termos públicos (12% de investimento, 22% de beneficio) pero sobre todo beneficio privado (14% de investimento, 52% de beneficio). Por tanto, os investimentos públicos en educación son un bo negocio para o conxunto da sociedade, tamén -e especialmente- para o sector privado da economía.
Ademais do anterior, a OCDE fornece un novo argumento de peso para reivindicar os investimentos en educación, xa que os custos de formación dun traballador en España son considerablemente menores que na media da UE e da OCDE. Esa realidade é común a todos os tramos educativos, como se pode apreciar no seguinte gráfico.

7. A formación como factor de empregabilidade. Ademais de ser un bo negocio para o conxunto do corpo social, a formación tamén é un magnífico investimento persoal: as taxas de desemprego da poboación con estudos primarios ou inferiores é máis de 3 veces superior á dos titulados universitarios, tanto entre os homes como entre as mulleres. Ademais, en momentos de crise como os actuais, a destrución de empregos afecta en moito maior medida ás persoas con baixa cualificación, como se pode comprobar no seguinte gráfico.
A maiores, débese suliñar que esta situación de maior vulnerabilidade ao desemprego na poboación con baixa cualificación é común a todos os tramos de idade, aínda que en termos absolutos as diferenzas fanse máis notables precisamente entre a xente nova, o que constitúe un novo elemento de presente e futura exclusión social que debe ser atallado mediante medidas educativas de formación continua.
8. A formación como factor de renda. O nivel educativo segue a ser un elemento decisivo na adquisición de status socio-económico: tomando como referencia un traballador con estudos medios completos, as diferenzas son notables: cun menor nivel educativo, en media os ingresos salariais son un 22% menores; pola súa banda, con estudos superiores o incremento salarial medio é dun 41%. Para o caso dun salario mensual de 1.500 € para un titulado medio, un traballador cun nivel inferior de estudos gañaría 1.170 € e un con formación superior completa chegaría aos 2.115 €.
9. Insuficiente investimento en educación. A porcentaxe do PIB español dedicada ao ensino é do 4,6%, unha das máis baixas non só da UE senón de toda a OCDE, moi distante da media internacional do 5,4%. Un motivo máis para cuestionar a actual vaga de recortes no gasto en educación: co PIB español na man, para chegar á media da UE e da OCDE, a sociedade española debería non só manter o actual nivel de gasto, senón incrementalo en 9.000 M€ anuais.
Unha vez máis, hai que facer mención da evolución positiva do gasto por alumno nos últimos 15 anos, como se pode comprobar neste gráfico. E, tamén unha vez máis, débese ter en conta a insuficiencia dese esforzo e a descompensación existente entre o ensino superior e o resto de tramos educativos. Por suposto, isto non significa que a solución pase por diminuír o investimento no ensino superior, senón en facer un esforzo extra en todas as etapas, pero con máis intensidade naquelas que precisan dun maior impulso.
10. O ensino privado, factor de masificación escolar. Contrariando a tendencia xeral do noso entorno internacional, en España prodúcese a paradoxal situación de que o ensino privado presenta ratios de alumnos por profesor que case duplican as do sistema público de ensino. Probablemente, iso axude a explicar por que os resultados PISA do ensino privado español están por debaixo da media da OCDE, mentres que é o ensino público quen mantén o tipo, a pesar de non realizar a dupla selectividade socio-económica e académica que os centros privados levan a cabo (ler artigo).
http://enredando.blogaliza.org/files/2011/09/403_4_6p39.png
11. Condicións de traballo do profesorado. Segundo os dados proporcionados polo Goberno español á OCDE, os profesores españois gañan máis que a media da UE e da OCDE. Non podo poñelo en dúbida, pero si afirmar rotundamente que tales datos non son de aplicación ao profesorado galego, que está exactamente na media da UE e da OCDE, ou sexa uns 10.000 € por debaixo dos datos que ofrece o informe e que só se explican se se tomaron como referencia non as medias salariais dos docentes en España, senón o salario daquelas comunidades autónomas que mellor retribúen o seu profesorado (Navarra e País Basco, nomeadamente) [que teñenm concerto económico, e dicir non só se descentraliza o gasto como nas restantes CC.AA.; Nota do blogger]. En calquera caso, un dato obxectivo -este, si- que viría compensar a suposta situación de privilexio salarial constitúeo o feito de que a carga de traballo do profesorado español é entre un 17,0% e un 17,3% maior que a da UE.
* * * * *
Referencias
Education at a Glance 2011 – Informe completo da OCDE (en inglés, 497 pp.)
Datos estatísticos completos (en inglés)
Panorama de la Educación 2011 – Informe sobre España (en español, 46 pp.)

Nenhum comentário:
Postar um comentário