21/09/2011

Grecia: 60% de baixada no ordenado dos gregos e 20% nas aposentadorías de máis de 1.200€

Redacción.



O goberno heleno reduciralles o ordenado en 60% aos funcionarios e daralles doce meses para topar un novo traballo no sector público ou, en caso contrario, perderán o seu emprego. Máis desemprego, máis precaridade e menos consumo e, xa que logo, maior depresión da economía helena xa totalmente depauperada pola troika.

As aposentadorías de máis de 1.200 euros veranse recortadas tamén en 20%, dentro dos novos axustes que o Goberno grego apresentou (en contra da súa "vontade") para poder receber os 8.000 millóns de euros correspondentes ao seguinte trecho da axuda da UE, o FMI e o BCE. Nas medidas inclúse colorar por volta de 30.000 traballadores públicos na "reserva laboral" este ano, o que implicará reducir o seu ordenado en 60% e darlles doce meses para topar un novo posto de traballo no sector público ou perder os seus empregos. Estas medidas xa se tomaran nos estados bálticos con desastrosos resultados. Non dubidemos de que Grecia é a ponta de lanza do shock ultraliberal aplicado ao estado do benestar europeo. A austeridade non conduce alén dunha máis funda depresión.

Amais, o consello de ministros acordou reducir 20% mensal aquelas aposentadorías que superen os 1.200 euros, así como reducir aínda máis as pagas dos antigos traballadores públicos que se reformaron antes dos 55 anos, todo cando a probreza no Estado heleno se disparou e se está impondo un darwinismo social militarizado que suspende de facto a democracia, ou a pouca democracia que existía na república burguesa grega (con importantes déficits en gasto público social relacionados coa ditadura fascista que padeceu semellante a de Franco no Estado español).

Nenhum comentário: