Redacción.
Imaxe tomada de O Bichero (aquí). |
Galiza continua no mes de setembro à cola do Estado nas aposentadorías medias tal e como informaron ao longo desta semana numerosos xornais, o que xa vén sendo un dato crónico do noso país. Concretamente a prestación media de 676`49 euros é 131 euros inferior que a media do subsidio nacional do mesmo mes que está fixada en 807'64€, segundo os dados fornecidos polo Instituto Nacional da Seguranza Social (INSS) do Ministerio de Traballo e Investigación. A Seguranza Social destinou así 7.131 millóns de euros ao pago das pensións contributivas en todo o Estado (4'8% porriba con respecto a hai un ano).
A día de hoxe, a Comunidade Autónoma galega conta con 448.955 reformados cunha aposentadoría media de reforma de 755'97€, máis unha vez tamén na cola do Estado (cunha media de 918'77€). Xa que logo, a converxencia fica a cada vez máis afastada para os reformados galegos e máis nun contexto de conxelación, cando non descida de aposentadorías en todos os estados intervidos dunha ou outra maneira pola UE, o FMI e o BCE. Por provincias, Lugo e Ourense voltan presentar as aposentadorías máis baixas con 663'53€ e 642'03€ respectivamente frente aos 804'20€ de A Cruña (con 168.096 reformados) e os 808'17€ de Pontevedra (con 133.808 reformados).
O total de aposentadorías que se rexistran no mes de setembro en Galiza - (reformados, incapacitados permanentes (758'47€ de media), viuvos e viuvas (494'24€), orfas e orfos (355'48€) e en favor de familiares (434'74€)- ascende a 728.887, ou sexa, 0'9% mais en comparanza cos dados de setembro de 2010 se ben a aposentadoría media en Galiza (segundo o ministerio) incrementouse en 3'4% no mesmo período.
En todo o Estado 4.837 millóns destinánse para o pago da nómina mensual dos reformados (5'6% máis en relación a setembro de 2010), 1.359 a viuvez (3'4% máis), 819 millóns a incapacidade permanente (2'8% máis), 98'6 millóns a orfandade (4'1% máis) e 17'9 millóns para familiares (3'6% máis).

Nenhum comentário:
Postar um comentário