22/09/2011

Sobre a TVE

Antón Losada. Artigo tirado de aquí. O video foi engadido por nós.
Imaxe tirada de aquí: http://infotk.blogs.com/infotk/2003/11/alfredo_urdaci_.html

O peor da decisión do Consello de administración de TVE para que os conselleiros supervisasen os telexornais é que demsotran a falta de vergoña na cara coa que moitos políticos entenden a súa relación cos medios. Quérenos e están para transmitir mensaxes políticas, non para informar e xa non se cortan en esixir que así sexa.

O peor da decisión do Consello de TVE para que os conselleiros supervisasen os informativos é que quen tivo a osadia de pedilo, o PP, rectifica mais non tanto. Faio impartindo leccións de manipulación e insistindo na súa campaña contra a independencia dos medios públicos e a profesionalidade de quen fan o seu traballo neles.

O peor da decisión do Consello de TVE para que os conselleiros supervisasen os informativos é a covardía do PSOE. Primeiro abstense e agora rectifica, sen reparar o dano infligido ao modelo de televisión pública. O bo facer de sete anos pola borda nun día. A idea de que todos son iguais dispón dun novo argumento.

O peor da decisión do Consello de TVE para que os conselleiros supervisasen os informativos é a actitude de partidos como CIU ou ERC, ou sindicatos como CCOO. No canto de defender un modelo plural, prefiren gañarse unhas migallas do control que lles cedan os dous maioritarios.

O peor da decisión do Consello de TVE para que os conselleiros supervisasen os informativos é o cinismo doutros medios. Defenden agora a independencia dos profesionais da televisión pública, pero calan e mesmo alimentan a campaña que cuestiona o seu pluralismo, autonomía e profesionalidade.

Nenhum comentário: