22/09/2011

Os netos do señor Botín

Jorge Calero. Artigo tirado de Fírgoa (aquí) e traducido por nós para o galego. O autor é catedrático en economía aplicada.
Os neocons (de dereita a esquerda) Esperanza Aguirre (presidenta da Comunidade Autónoma de Madrid), Mariano Rajoy (candidato do PP á presidencia) e Dolores de Cospedal (a política mellor retribuída do Estado español e presidenta da Comunidade Autónoma de Castela A Mancha) todos do PP fan campanha a prol do cogombro español  após a crise alimentar desamalloada en Alemaña hai uns meses.  Todos som firmes partidários da austeridade, circuscrita ao gasto público e nomeadamente ao gasto público social em sanidade e educación.

Non teño o gusto de coñecer a ningún dos netos do señor Botín pero creo que, se eu estivese no seu lugar, empezaría a estar canso de que me tomasen como o sempiterno exemplo de por onde debe empezar o recorte aos servizos universais do Estado do benestar. Converteuse nun lugar común simplón, para demasiados "opinadores", a pregunta: debe o sector público tamén pagar o servizo x aos netos do señor Botín? Sendo x a educación gratuíta, a sanidade ou aquilo do que se fale no faladoiro correspondente. A resposta implícita adoita ser "non", co que os netos do señor Botín pasaron a ser os paradigmáticos excluídos virtuais do Estado do benestar español. Quizais a eles non lles inquede, mais creo que ao conxunto da sociedade deberíalle inquedar esta exclusión, e moito.

Dous argumentos sólidos justifican que os netos do señor Botín non sexan excluídos das prestacións do Estado do benestar. En primeiro lugar, cun sistema impositivo suficientemente progresivo (aínda que sabemos que o noso ten moita marxe de mellora nese sentido), os posíbeis gastos que xeren ao sector público quedan minimizados polos ingresos achegados. En segundo lugar, a súa inclusión é probabelmente a forma máis segura de que os servizos que son considerados irrenunciábeis alcancen realmente a todos os membros da sociedade. Porque convén subliñar o paradoxo: cando se fala dos netos do señor Botín non se trata tanto de excluír aos ricos, senón de empezar a excluír a alguén, de tal modo que finalmente se poida excluír sobre todo aos pobres, cuxas traxectorias vitais dependen máis intensamente do acceso ás prestacións.

Tivemos recentemente unha versión deste cuestionamento da universalidade nas atropeladas palabras de Esperanza Aguirre sobre a gratuidade da educación pública. A súa aparentemente confusa mensaxe é, en realidade, moi transparente: canto máis pronto mellor, que cada cal se faga cargo da súa educación. Avanzamos rápidos cara a un escenario de exclusións, fragmentaciones e desigualdades cada vez máis profundas. Non deixa de sorprender até que punto, e contra todo prognóstico, a ideoloxía ultraliberal florece nesta crise.

Nenhum comentário: