Daniel Raventós. Artigo tirado de SinPermiso (aquí) e traducido por nós para o galego.
A xornalista Noelia Rodríguez entrevistou a Daniel Raventós para La Voz de Asturias. |
Esquecerse do déficit, potenciar o gasto público e que os impostos sexan en función das rendas. Esas son as premisas que deu onte Daniel Raventós para saír da crise. O economista e presidente da Rede de Renda Básica participou onte na Escola Internacional de Verán de UXT que se clausura esta tarde en Avilés.
A crise serviu para atacar o estado de benestar?
Os datos dino. O que non lograran os chamados mercados, é dicir, a banca, as multinacionais, os grandes ricos e os fondos de investimento están a logralo en moi poucos meses. Xamais pensarían antes da crise que en tan pouco tempo poderían cortar tanto o estado de benestar.
Pódese manter o estado de benestar nunha crise como esta?
Pódese, o que ocorre é que hai que facer unha política completamente diferente á actual. Unha cousa que se ensinaba antes nas facultades é que non existe unha política económica neutra, senón a favor duns ou outros.
A quen beneficia que a crise acabe co estado de benestar?
Segundo a distribución da renda e as estatísticas quen saíu gañando nos últimos 30 anos, e máis nos 4de crise, é o 5 ó 6% máis rico da poboación; case todo o outro sector saíu perdendo.
Entendo que estaría a favor de aumentar os impostos aos ricos.
Máis que aumentar estou a favor de que paguen un pouco máis proporcionalmente que os outros, que están a pagar menos.
Un dos temas máis comentados dos últimos días é a reforma constitucional que se vai a pór en marcha para limitar o déficit público, está a favor ou en contra dela?
Desde un punto de vista xurídico é unha barbaridade que coas cousas que había que tocar e que foron reivindicadas ao longo destes anos o que se reforma sexa isto e fixérono ao ditado do Banco Central e de Merkel en cuestión de semanas. E desde o punto de vista económico é unha barbaridade que nunha situación de crise limítese o déficit.
Que hai que facer para saír desta crise?
Habería que cambiar moitas cousas.
Adiántenos algunha das que habería que pór en marcha, polo menos, para canalizar a situación.
Esquecerse do déficit público, porque o de que é un problema é unha parcada. Case sempre houbo déficit e non houbo problemas. Aumentar os impostos, non só aos ricos, senón dunha forma proporcional, e máis gasto público, porque agora, a curto prazo, aumenta o déficit pero a longo prazo, se se recuperase a economía recupérase a recadación fiscal e por tanto o déficit.
Hai uns días Santiago Niño dicía que sairemos da crise en 2020, comparte o seu prognóstico?
Non me atrevo a dicilo porque cada vez véxoo peor. Dicía Keynes que a longo prazo todos estamos mortos.
Nenhum comentário:
Postar um comentário