http://15october.net/pt/ |
O 15 de outubro persoas de todo o mundo tomarán as rúas e as prazas. Desde América a Asia, desde África a Europa, a xente estase a erguer para reclamar os seus dereitos e pedir unha auténtica democracia. Agora chegou o momento de unírmonos todos e todas nunha protesta non violenta a escala global.
Os poderes estabelecidos actúan en beneficio duns poucos, desoíndo a vontade da gran maioría, sen lles importar os custos humanos ou ecolóxicos que teñamos que pagar. Hai que pór fin a esta intolerábel situación.
Unid@s nunha soa voz, faremos saber aos políticos, e ás elites financeiras ás que serven, que agora somos nós, a xente, quen decidiremos o noso futuro. Non somos mercadoría en mans de políticos e banqueiros que non nos representan.
O 15 de outubro atoparémonos nas rúas para pór en marcha a mudanza global que queremos. Manifestarémonos pacíficamente, debateremos e organizarémonos até logralo.
É hora de que nos unamos. É hora de que nos escoiten.
Tomemos as rúas do mundo o 15 de outubro!
Pola súa banda, o Encontro Irmandiño apresentou no Consello Nacional do BNG no verán medidas que deberían guiar o programa do BNG para as eleccións estatais, mais que non se tiveron en conta. Moitas destas medidas van en sintonía coas que vindican agora os colectivos implicados na mobilización do 15 de outubro. As propostas ían na liña de apostar pola "Soberanía popular e a defensa da democracia".Os poderes estabelecidos actúan en beneficio duns poucos, desoíndo a vontade da gran maioría, sen lles importar os custos humanos ou ecolóxicos que teñamos que pagar. Hai que pór fin a esta intolerábel situación.
Unid@s nunha soa voz, faremos saber aos políticos, e ás elites financeiras ás que serven, que agora somos nós, a xente, quen decidiremos o noso futuro. Non somos mercadoría en mans de políticos e banqueiros que non nos representan.
O 15 de outubro atoparémonos nas rúas para pór en marcha a mudanza global que queremos. Manifestarémonos pacíficamente, debateremos e organizarémonos até logralo.
É hora de que nos unamos. É hora de que nos escoiten.
Tomemos as rúas do mundo o 15 de outubro!
Nenhum comentário:
Postar um comentário