20/10/2011

21'8% dos españois vive por baixo do limiar da pobreza

Nova tirada de Público (aquí) e traducida para o galego por nós. Un 35'9% das familias non pode afrontar gastos imprevistos, mentres que os ingresos medios anuais dos fogares son de 24.890 euros, un espectacular 4'4% en tan só un ano. Os dados poden compararse cos fornecidos por este artigo anterior sobre a pobreza no Estado español. Ao tempo a prima de risco sitúase nos 353'5 puntos o que supón ameaza de rescate após o 20 de novembro e a vitoria do PP e a rendabilidade do bono a dez anos xa é dun escandaloso 5'53% o que nos recorda á Grecia intervida dos primeiros meses...
Un de cada catro nenos do Estado español (24'1%, uns 2.000.000 de nenos e nenas) está en risco de pobreza relativa, o que quere dicir que as súas familias viven con entre 14-16.000 euros ao ano. Son dados segundo UNICEF peores que os de estados como Letonia. O Estado español, segundo o mesmo organismo, ocupa a cola en gasto público en familia e infancia cun 0'7% do PIB frente o 2'3% da media europea. Foto tirada de aqui. Para o informe de UNICEF consultar aquí.

O 21,8% dos residentes en España vive por baixo do limiar de risco de pobreza, o que supón un punto porcentual máis que hai un ano, segundo a Enquisa de Condicións de Vida de 2011 do Instituto Nacional de Estatística (INE).

Os menores de 16 anos son os que presentan maior risco de atoparse en situación de pobreza, nunha proporción do 26,5%, fronte ao 23,3% de 2009. Se se ten en conta no cálculo o valor da vivenda na que reside o fogar, cando esta é da súa propiedade ou a ten cedida gratuitamente, a taxa redúcese do 21,8% ao 18,2%.

Outros datos sinalan que o ingreso medio neto anual por fogar, con datos de 2010, ascendeu a 24.890 euros en 2010, un 4,4% menos que o ano anterior, mentres que por persoa alcanzou os 9.371 euros, o que supón unha diminución do 3,8%. No mesmo ano, o IPC situouse no 3%, o que evidencia unha perda de poder adquisitivo por parte das familias.

Paradoxal mente, a enquisa tamén reflicte que o 26,1% dos fogares españois manifesta chegar a fin de mes con dificultade ou moita dificultade, dos que un 9,7% di estar nesta última situación, o que supón un descenso respecto ao 30,6% de 2010.

Do mesmo xeito, un 35,9% das familias non pode afrontar gastos imprevistos, fronte ao 36,7% de 2010, mentres que se reduce en 1,6 puntos porcentuais, até o 6,1%, os fogares que ten atrasos nos pagos de gastos relacionados coa vivenda principal (hipoteca, aluguer, recibos de subministracións, etc.).
4 de cada 10 españois queda sen vacacións

Doutra banda, un 38,8% dos fogares non se pode permitir ir de vacacións polo menos unha semana ao ano, cifra similar á rexistrada en 2009 e 2010, aínda que 5,3% superior á de 2008.

Segundo o réxime de tenencia, o 49,6% dos fogares dispuña dunha vivenda en propiedade sen hipoteca en 2010, mentres que os que aínda non a liquidaron supuñan un 32,3%, cunha cota media mensual de 541 euros. Outro 9% dos fogares estaba a pagar un aluguer a prezo de mercado.

Ademais, cada fogar destinou mensualmente 313 euros a gastos relacionados coa vivenda habitual en 2010, entre os que se inclúen o aluguer ou os intereses da hipoteca, comunidade, auga e outros gastos asociados. Os que vivían de aluguer pagando rendas a prezo de mercado, dedicaban unha media mensual de 652 euros a estes gastos, mentres que os que residían nun inmoble en propiedade con hipoteca pagaban 435 euros. Aqueles con a hipoteca liquidada afrontaban un gasto de 189 euros.

Nenhum comentário: