20/10/2011

Cese definitivo da violencia de ETA.

O BNG cualifica de "moi boa noticia, de noticia histórica" o anuncio de cesamento definitivo da violencia de ETA

Santiago de Compostela, 20 Outubro 2011. O Bloque Nacionalista Galego considera unha “moi boa noticia”” o anuncio do “cesamento definitivo da actividade armada” feito esta tarde por ETA.
Estamos ante unha moi boa noticia, realmente ante un acontecemento histórico de enorme trascendencia que a bon seguro vai contribuir para a definitiva normalización da vida social e política en Euskadi.
O BNG fai votos por que, apartir de agora, e felizmente xa en ausencia de violencia, as vascas e os vascos podan libremente decidir o seu futuro sen máis teito nen límite que o da súa propia vontade democraticamente expresada.

Nenhum comentário: