24/10/2011

Inquérito para o 20 de novembro en Público

Redacción.



Segundo o inquérito do xornal español de centro-esquerda Público o PP gañaría as eleccións cun 44'7% dos votos mantendo a fidelidade do seu electorado perante un PSOE que ficaría no 33'1% aumentando a abstención. Esquerda Unida seria moi lonxe a terceira forza política con 6'7% das papeletas o que, evidentemente, mostra que a pesar da crise e das medidas impopulares dos últimos tempos o turnismo bipartidista da II Restauración borbónica segue intacto. Son pois excelentes novas para un sistema que cada día ten, no entanto, máis e máis evidentes sintomas de descomposición. 

UPyD non remata aínda de despegar e afúndese neste inquérito até 2'6% en intención de voto (superaba o 5% fai un ano). CiU tería unha pequena descida até situar-se en 2'7%, nimia se temos en conta o draconiano programa de recortes despregado en Catalunya. O PNV chegaria a 1'4% polo que em pouco lhe afecta a esquerda abertzale (se bem a enquisa é anterior ao comunicado de ETA).

Mais na esquerda, ERC consegue por primeira vez em bastante tempo melhorar os seus resultados e situa-se no 1'2% (em todo caso no último ano vem andando na volta desse 1%). Pola contra, a intención de voto do BNG sofre, segundo este inquérito, unha merma de medio punto a respeito de marzo de 2011 (1'3%)Porén trataríase en todo caso dunha caída moderada (mais mantida no tempo inexorabelmente) que situaría ao BNG nunha porcentaxe semellante á de hai 4 anos e, por tanto, nos 2 escanos. Non aprobeitaría en absoluto, xa que logo, a baixada en barrena do PSOE. 

A mellor nova para a esquerda é, sen dúbidas Amaiur, a coalición de Bildu, Aralar, EA e Alternativa que se achegaría ao 1'3% dos votos. Equo situaríase no 1% dos votos emitidos.

Nenhum comentário: