25/10/2011

Medran os rumores dun adianto electoral en Galiza

Tirado de Galicia Confidencial (aquí).
O presidente da brigada de demolición e limpeza étnica instalada en San Caetano. Foto tirada de El Confidencial.

O presidente da Xunta deu onte unha resposta pouco clara sobre a posibilidade dun adianto electoral en Galiza. "Nin dixen que fose a reformar o Goberno nin a adiantar as eleccións" contestou o mandatario conservador esta segunda feira no Forum Europa en Santiago.

A inconcreta resposta alimenta os rumores que dende hai meses corren por San Caetano. Sectores do PPdeG estarían a presionar a Feijóo para que adiante os comicios galegos, previstos para a primavera de 2013, á primavera de 2012.

Motivos para o adianto

O PPdeG tería dúas boas razóns para facelo. En primeiro lugar, aproveitarse do 'tirón' dunha eventual vitoria de Mariano Rajoy nas eleccións estatais do 20N, un trunfo seguro segundo todas as enquisas.

En segundo lugar, o adianto permitiría minimizar o desgaste que lle suporá ao PP novos recortes sociais e privatizacións, por exemplo a da CRTVG, que Rajoy impulsará no seu caso dende a Moncloa. Novos recortes que non serán exclusivos de Madrid, pois o menor orzamento da Xunta para 2012 tamén contribuirá a alimentar as mobilizacións nas rúas galegas.

Adianto de axudas

Hai algunha realidade detrás destes rumores? Como lembra sempre o presidente, o adianto electoral é competencia exclusiva de Feijóo, polo que só el pode estar certo de se hai un plan a aplicar tras o 20N. Cómpre ademais ter en conta que Rajoy pode ofrecerlle a Feijóo unha carteira como ministro.

O que si é evidente é que algunhas consellerías están adiantar cartos das axudas aprobadas para 2012. Fontes consultadas por GC no Goberno confirman este extremo, o que contradí as noticias de que o Goberno xa pechou o seu orzamento para este ano.

Ademais, nos últimos días producíronse un nomeamento no Executivo que, en principio, afasta a posibilidade dunha crisis de Goberno e da tamén rumoreada renovación de conselleiros tras o 20N.

Javier Aguilera é novo director do IGAPE, o instituto que levaba sen cabeza dende maio, cando Joaquín Varela foi imputado na Operación Campeón. O IGAPE levaba sen director medio ano e non tería moito sentido nomear un sucesor se a Consellería de Economía fose cambiar de titular pouco despois do 20N.

Nenhum comentário: