Avraam Noam Chomsky. Artigo tirado de Sin Permiso e traducido desde o castelán para o galego por nós. Noam Chomsky é profesor emérito do Departamento de Lingüística e Filosofía do MIT. Universalmente recoñecido como renovador da lingüística contemporánea, é o autor vivo máis citado, o intelectual público máis destacado do noso tempo e unha figura política emblemática da resistencia antiimperialista mundial. O texto aquí traducido procede dunha conferencia ditada en Amsterdam o pasado mes de marzo.
Calquera que teña os ollos abertos sabe que o gangsterismo de Wall Street -- das institucións financeiras en xeral -- inflinxiu graves danos ao pobo dos Estados Unidos (e ao mundo). E debería saber tamén que tal cousa foi sucedendo progresivamente no últimos trinta anos, a medida que aumentou de modo radical o seu poder no seo da economía, e con iso a súa poder político. Púxose así en marcha un círculo vicioso que concentrou unha inmensa riqueza, máis o poder político, nun diminuto sector da poboación, unha fracción dun 1%, mentres o resto vai converténdose cada vez máis no que en ocasións se denomina "precariado", que trata de sobrevivir nunha precaria existencia. Amais, tan horríbeis actividades levan a cabo cunha impunidade case completa: non só mediante o "too big to fail" (demasiado grandes para deixalos caer) senón tamén co "too big to jail" (demasiado grandes como para metelos no cárcere).
As valentes e honrosas protestas que continúan en Wall Street deberían servir para chamar publicamente a atención sobre esta calamidade e conducir a un entregado esforzo por superala e pór á sociedade nunha senda máis saudábel.
As valentes e honrosas protestas que continúan en Wall Street deberían servir para chamar publicamente a atención sobre esta calamidade e conducir a un entregado esforzo por superala e pór á sociedade nunha senda máis saudábel.
Nenhum comentário:
Postar um comentário