Caricatura do filme O Padriño co personaxe da Nintendo Super Mario Bross, Super Mario é um dos alcumes que recibe Draghi, presidente do BCE. |
Dise que a Unión Europea é unha organización notabelmente ineficiente en punto a articular os paquetes de rescates, mais cando do que se trata é de subvertir a democracia, son tan implacábeis e eficientes como calquera outro sindicato do crime.
Reflexionen sobre isto: no espazo de menos de 2 semanas, os burócratas arranxáronllas para eliminar a dous dirixentes políticos incómodos, cuxas accións ameazaban con interferir nun obxectivo de maior calado, e é a saber: culminar o "Proxecto Europeo", un proxecto que, para dicilo clara e sinxelamente, cada vez parécese máis a un golpe de estado financeiro.
Primeiro, Grecia, que en certo sentido proporcionou a pauta: o primeiro ministro, Papandreu, tivo a audacia de buscar o consenso por referendo do seu propio pobo ante decisións que tiñan que afectar decisivamente as súas vidas. Ben, pois a xulgar polas petulantes reaccións da chanceler alemá Angela Merkel e o presidente francés Nicolas Sarkozy, iso desde logo non podía facerse. Interferindo palmariamente nos asuntos internos dun socio democrático (e, encima, aliado), ambos os cabildearon contra o (e ameazaron ao) goberno grego. Resultado final: o señor Papandreu foi apartado do camiño logo de retractarse.
E, mira por onde, o novo primeiro ministro de Grecia, Lucas Papademos, un antigo alto funcionario do BCE (naturalmente, cun conveniente curriculum de home de Goldman Sachs), vai ser agora o cabaleiro encargado de pór por obra o último paquete de "reformas estruturais" que, cala por sabido, terán con toda seguridade o efecto de seguir afundindo na deflación á economía grega. As privatizacións, obvio é dicilo, seguirán vento en popa, e os oligarcas gregos, soado pola súa rapacidade na evasión fiscal, faranse cos activos privatizados a prezo de saldo (presumibelmente co diñeiro contante e sonante que aí colocaron oportunamente no estranxeiro, no mercado inmobiliario londiniense ou na banca suíza): consolidarán así o seu control dunha vida económica, a grega, máis e máis disfuncional. A inmensa maioría dos gregos sufrirá horribelmente. Non teñen voz niso: deixóuselles coa soa alternativa de darse morte por propia man ou ser fusilados. Non é, emporiso, o último que perderán. A cousa non ofrece dúbida: Goldman Sachs ingresará aínda moitos honorarios pola súa contribución á poxa deses mesmos activos públicos.
Do outro lado do Adriático, parece que o tándem "Merkozy" soubo xogar tamén as súas cartas con éxito na Rolda 2, esta vez eliminando con éxito ao seu perturbadora Némesis, o primeiro ministro italiano Silvio Berlusconi. Dígase o que se queira do señor Berlusconi, o certo é que nesta ocasión levaba razón ao resistirse a un cru complot político, urdido contra el polo BCE, os franceses e os alemáns, para que aceptase un programa, tan irracional como economicamente contraindicado, de austeridade fiscal a cambio do "apoio" dos seus pares no FMI. Pregunten a calquera arxentino que significa o "apoio" do FMI.
Todo o que Berlusconi tiña que facer era botar unha ollada a Atenas para decatarse dos probábeis efectos que tería un novo asalto ao Estado de Benestar italiano. Porén a eufórica reacción dos mercados á súa dimisión era surrealista: como a dos pavos votando a favor da celebración do Día de Acción de Grazas.
En Roma, este xogo de poder franco-alemán foi circunspectamente supervisado por un aplicado excomunista, o presidente Giorgio Napolitano, que está en vías de converter a un burócrata de toda a vida, Mario Monti, no próximo primeiro ministro de Italia. Non perdan de vista a traxectoria de Monti: credenciais impecábeis: un "habitante" virtual nas estruturas tecnocráticas de goberno da UE, con algunha "experiencia" no sector privado como director de entidades como Coca Cola e, claro, como "consultor internacional" de Goldman Sachs.
Ao que estamos a asistir, nin máis nin menos, é a un golpe de estado financeiro pola clase rentista da Eurozona. Unha das máis tristes ironías desta historia é que, polo menos no caso de Italia, todo isto estao cocendo un excomunista que probabelmente pertencería a un goberno italiano que, baixo a dirección de Enrico Berlinguer, podería ser derrocado por un golpe de estado da CIA, se isto ocorrese hai 30 anos.
Como puido chegarse a tanto na UE? É difícil sinalar a unha soa persoa. Vimos moverse a este vasto proxecto da man dun puñado de burócratas inelectos durante décadas, se non máis. Jacques Delors foi unha figura verdadeiramente seminal, pero non actuou só. Todo o proxecto europeo foi cada vez máis dirixido por eses burócratas para sempre sen elección polo medio que rotan e rotan en distintas posicións das estruturas de goberno da UE logo de recibir uns cantos anos de adestramento en entidades privadas como Goldman Sachs ou JP Morgan.
Podería seica dicirse que iso empezou cando o presidente francés François Miterrand chegou ao poder a comezos dos 80 disposto imprimir unha dirección económica fresca e xenuinamente progresista a Francia. Non tardou en verse saboteado, até que comprendeu a xogar entre bambalinas cos poderes que actúaban a desmán Desde entón, o plan de xogo foi, e por moito, o mesmo: os membros da Comisión Europea emiten unha miríada de diktats, regras, regulacións e directivas, salvo, nin que dicir ten, calquera cousa que teña que ver con recursos democráticos reais cando tropezan coa resistencia popular. Empezas da pouquiño, e vas construíndo gradualmente e creando faits accomplis por toda a parte.
Cando hai un revés en forma de referendum, o parón é só transitorio. Países que, como Irlanda, ousaron votar de maneira "equivocada" nun referendo nacional, non viron respectados os seus resultados. As autoridades da UE adoitaron responder, non reflexionando sobre unha expresión popular da vontade democrática, senón ignorando os resultados até que os ignorantes campesiños se decaten dos seus clamorosos erros volvan votar de maneira correcta.
Se iso significan dous, tres referendos, pois así sexa. Politicamente, a interpretación de calquera aspecto dos Tratados relativos á gobernanza europea sempre se deixou en mans de cargos burocráticos non electos que operan desde institucións desprovistas da menor lexitimidade democrática. Iso levou, á súa vez, a unha crecente sensación de alienación política e ao correspondente crecemento de partidos extremistas, hostís a toda unión política ou monetaria, noutras partes de Europa. Baixo horas circunstancias políticas, eses partidos extremistas poderían chegar a ser maioritarios.
Unha figura que terminou sendo tráxica aquí é a de Papandreu. Aínda se con ínfimos resultados, Papandreu comprometeuse profundamente coa posta por obra dos acordos alcanzados en outubro. Porén como observado o economista de Harvard (e asesor do goberno grego) Richard Parker, Papandreu tivo que enfrontarse a un incendio declarado simultaneamente en varias frontes: competidores no seu propio partido que ambicionaban o seu cargo; parlamentarios do seu partido que ameazaban con abroquelarse ante novas medidas de austeridade; a intranigencia pechada de Samara e o seu partido [conservador] de Nova Democracia; por non falar da economía, en proceso de tumba aberta deflacionaria sen que chegase ningunha axuda real. Convocar un referendo chegou a ser o seu único instrumento para sufocar todos os focos do incendio á vez: tratábase de obrigar a achantarse aos políticos gregos e aos seus poderosos valedores, así como de forzar aos dirixentes europeos a volver negociar de inmediato para elaborar definitivamente un plan de rescate que puidese funcionar.
Obvio é dicilo, estaba condenado ao fracaso, dada a poderosa oposición que tiña ás súas costas. Aos seus "aliados" da UE bastoulles unha man para castigar ao primeiro ministro grego que impuxera un castigo colectivo ao pobo grego por mor de décadas de corrupción incrustada no sistema, unha corrución, no entanto, da que estaba limpo este primeiro ministro. Facer de Grecia unha xenuína democracia, fora a razón fundamental da entrada de Papandreu na política grega.
E do outro lado, os parasitarios oligarcas gregos, que entenderon as accións políticas de Papandreu como un ataque frontal ao seu inveterado control da economía grega, libráronse a un combate feroz para destruílo politicamente e situar a Grecia un paso máis preto de converterse nun Estado fracasado.
E agora Grecia veu a proporcionar o modelo adecuado. Temos agora unha crise manufacturada (que podería resolverse facilmente hai anos polo BCE, sendo como é Grecia apenas un 2,5% do PIB europeo) que, propagándose a toda velocidade, ofrece moitas oportunidades para librarse de políticos incómodos que non fan o que se lles di que fagan, e é a saber: abrazar esa "cultura de estabilidade" que predican os alemáns, pero que non é, en realidade, outra cousa a consolidación da toma de control dos distintos gobernos por parte dos rentistas.
Analogamente en Italia: o BCE estivo comprando bonos italianos, mais de maneira reticente e, desde logo, non os suficientes como para deter o ineluctábel aumento das súas taxas de xuro. O novo xefe do BCE, Mario Draghi (outro home procedente de Goldman Sachs) comezou a súa andaina no cargo cunha terminante advertencia (camuflada en distintos e dubidosos tecnicismos xurídicos) de que o Banco Central europeo non actuaría como "prestamista de último recurso", o que puña aos seus compatriotas nunha situación en que a resignación era o único curso de acción posíbel para salvar ao país dun colapso financeiro inmediato.
Berlusconi era tamén un branco fácil, dado o seu pintoresco e aberrante historial privado. E o seu máis que probábel substituto, Mario Monti, resulta o perfecto recadador para os oligarcas financeiros de Europa. Monti é, en realidade, parte do que moi fundadamente podería chamarse unha "mafia financeira" que puxo ao mundo patas para arriba desde 2008. Aos sicarios, como Monti, dese mundo financeiro tenebroso e opaco noméaselles agora para que impoñan programs de austeridade aos fogares traballadores pobres, a fin de salvar ao sector financeiro da deflación por sobreendebedamento: unha crise artificial dimanante da arquitectura do Eurosistema que tanto celebraron eses mesmos "mercados" financeiros cando se lanzou o euro en 1999. Desgraciadamente, moitos italianos ven aínda ao euro como o seu escudo protector fronte á corrupción do pasado, que moitos asocian en Italia á lira e ás súas elevadas taxas de interese, a pesar de que o corrupto Berlusconi anda intimamente vinculado coa mesma euroelite.
O propio Draghi ten un pasado farto dubidoso: como tivemos ocasión de observar hai pouco, historicamente Italia explotou a ambigüidade nas regras de contabilidade para as transaccións swap, [1] a fin de enganar ás institucións da UE, a outros gobernos dos Estados membros da UE e á súa propia poboación respecto da verdadeira dimensión do seu déficit orzamentario.
Parece, en efecto, moi á mantenta o que Draghi teña agora que lidar coas consecuencias da súa propia fraude na contabilidade nacional. Porén dificilmente pode dicirse que é xusto para os pobos de Europa, todos os cales seguirán estando baixo a asfixiante bota dunha austeridade fiscal crecente imposta por unha elite cada vez máis distante e democraticamente incareábel. Non é raro que polas rúas de Madrid, de Atenas, de Roma e por toda a parte empezara o incendio.
NOTA T. castelán: [1] Son as transaccións operadas nos mercados CDS (Credit Default Swaps), mercados de derivados financeiros de falta de pagamentos crediticia. Neses mercados financeiros, terribelmente opacos e practicamente desrregulados (as transaccións nos cales superan xa con fartura o volume do PIB mundial), suponse que se cobren as regas, entre outras, dos investimentos en débeda soberana. A semana pasada, por exemplo, cubrir o risco dun investimento de 10 millóns de euros en bonos españois ou italianos a dez anos, chegou a valer máis de 400 mil euros. Apostar, neses mercados, a que a débeda soberana dun país (ou os valores dunha compañía privada) vai ir mal, fai subir o prezo de cobertura.

Nenhum comentário:
Postar um comentário