08/11/2011

Foro de Foros – Galiza 2012

Galiza acollerá o Foro dos Foros en setembro de 2012. WSF Future from WSF experiences. Foro de Foros_Galiza 2012 | Forum of Fora_Galicia 2012


O Consello Internacional do FSM reunido en París en maio de 2011 acordou asignar a principal responsabilidade no desenvolvemento do proceso previo á vindeira cita mundial ás candidaturas alí presentadas para acoller o FSM en 2013. Como achega a este deseño de carácter cooperativo a Rede Mundial polos Dereitos Colectivos dos Pobos asumíu nesa reunión a celebración en Galiza dun Foro Social Mundial de carácter temático para reflexionar sobre a metodoloxía e o futuro deste proceso en base á experiencia dos principais foros organizados desde 2001.

A proposta de impulsar desde esta Rede de pobos e nacións sen estado unha candidatura galega para a celebración do FSM xurdira da preocupación por extender, renovar e fortalecer o proceso altermundialista no contexto da actual crise sistémica na que Europa xoga un papel relevante. As conversas iniciais en Dakar serviron para elaborar unha primeira argumentación sobre a oportunidade de traer a forza emancipadora do FSM ao norte xeopolítico, cando os povos europeos están a padecer con forza os efectos devastadores da crise. A vontade por sumar esforzos e opinións a estes obxectivos levou a xuntarmos en Santiago no mes de Maio con representantes doutras redes mundiais. Analizando conxuntamente as perspectivas do FSM coincidiamos na necesidade de propiciar: a súa renovación metodolóxica; a profundización do seu pensamento; a mellora da súa capacidade de comunicación; e a súa revitalización, coa incorporación de novos actores sociais e temáticos, novas áreas ou novas xeracións… para mellor articular tanto a resposta á crise de civilización como a capacidade de disputa e impacto político do proceso, mantendo as súas características. Por iso, os promotores da candidatura galega entendemos que a idea suxerida nese encontro de xuntar nun foro mundial co respaldo do Consello Internacional os organizadores dos máis importantes foros ata agora celebrados pode ser unha achega crucial para os retos estratéxicos do FSM. A celebración en Europa pode contribuír tamén á dinamización e confluencia dun movemento social que comeza a amosar vitalidade tras unha etapa de debilidade e/ou desorientación.

Este documento pretende recoller unhas primeiras liñas definitorias dos obxectivos, actores, metodoloxía e necesidades que sirvan de base para agrupar as vontades e capacidades organizativas, sociais e políticas precisas para desenvolver este foro de foros como unha positiva contribución ao proceso de construción dun FSM renovado. Presentámolo desde a Rede Mundial polos Dereitos Colectivos dos Pobos como unha primeira proposta, aberta ás suxerencias de todos os que consideramos socios imprescindibles do proxecto. Un anexo disponible en www.galizasempre.org/wsf recolle o dossier sobre a realidade e capacidades sociais, organizativas e loxísticas de Galiza e un documento resumen das nosas argumentacións favorabeis a impulsar a presenza do FSM en Europa como fundamento da candidatura galega.

1 de xullo de 2011

Datas de celebración:

Venres 14 a martes 18 de setembro de 2012

Obxectivos Xerais:
Avaliar e repensar o proceso do FSM á luz dos cambios sociais e políticos
acaecidos desde o seu inicio en 2001.
Avanzar liñas metodoloxicas e estratéxicas para a renovación, expansión e fortalecemento do proceso do FSM.

Específicos:
Xuntar organizadores de todos os FSM celebrados entre 2001 e 2011
Revisar metodoloxías utilizadas ata agora
Propiciar debates e reflexións sobre a influencia no futuro do FSM das
modificación producidas en diferentes factores económicos, sociais e políticos de carácter mundial.
Promover dinámicas locais para fomentar a participación e dinamizar nos
meses previos os equipos organizadores de foros anteriores
Establecer / consolidar / profundizar alianzas entre redes e actores internacionais


Metodoloxía:
Respecto á Carta de Principios do FSM
Actividades autoxestionadas;
Eventos _actividades centralizadas promovidas desde a organización (mesas redondas; debates; obradoiros; paneis; mobilización; programación cultural…);
Espazos de diálogo
Creación dunha páxina web e uso de TIC como instrumentos informativos e de intercambio de ideas e propostas.
Dinamizar específicamente participación de xente desde Galiza, Catalunya, Pais Basco, Portugal,…

Contidos:

Trátase dun foro para falar do foro e os distintos contidos deben ter en conta este enfoque. Abrirase unha Consulta desde o Comité organizador entre Comisións do CI e organizadores de FSMs anteriores para concretar os temas que definirán os eixos principais dos debates, orientando as propostas das actividades autoxestionadas.

Como avance, sinálanse algúns aspectos que os promotores consideramos necesario incorporar ao proceso de debate para reflexionar sobre a sua incidencia no FSM:
Impacto político e capacidade de intervención e disputa do proceso. O FSM como encontro e proceso. A súa capacidade de comunicación e xeración de propostas. A súa relación cos movementos sociais.
A transparencia e financiación dos FSM
Novos actores e movementos sociais. Novas áreas xeográficas, novas xeracións. Novas formas de mobilización… Redes sociais e espazos públicos; Dereitos colectivos, movementos indíxenistas e pobos sen estado;
A crise de civilización. Modelo económico e límites ao desenvolvemento. Cambios na relación entre relixións e poderes públicos.
A crise da lexitimidade dos estados: o non recoñecemento da súa diversidade nacional; o esmorecemento do estado social e as políticas públicas. A devaluación da centralidade dos dereitos humans.
Os cambios xeopolíticos na escena mundial. Sures e Nortes. Novas causas de guerras e conflictos. A crise no sistema de institucións internacionais
Mobilización e Programación cultural


Listado aberto de asistentes clave / ponentes a asegurar con antelación:

Organizadores de FSMs 2001-2011: Porto Alegre; Munbai; Caracas; Mali; Karachi; Nairobi; Belem do Pará; Dakar. Organizadores dos grandes foros rexionais e temáticos mundiais: Rio+20 (2012); FS Magreb; Panamazónico; Mesopotámico; Europeo; das Américas; FS Estados Unidos; FM Educación; FM da Auga; FM da Inmigración; Violencia e Narcotráfico; Soberanía e Seguridade Alimentaria; Campamentos da Juventude,…

Definición estrutura organizativa
Comité internacional
Secretaría: CIEMEN, FGS
Rede Dereitos Colectivos: Kurdish Network,…
Comisións CI: Metodoloxía, Estratexia, Expansión,…;
Representantes Foros 2001-2011
Comité posible WSF 2013 Maghreb-Mahsrek


Comité local galego:
FGS, CIG e Sindicato Labrego (organizacións galegas da rede pobos) +
Organizacións do Foro Social Galego +
Organizacións de Portugal


Calendario

Datas por confirmar definitivamente. Proceso FSM Foro Galiza 2011

Setembro Constitución Comité local galego

20 a 25 de setembro. Forum Social Mesopotámico msf.web.tr.

26,27 Reunión intercomisións

CI FSM. Amed / Diyarbakir Comité organizador internacional:

Presentación e discusión documento preliminar entre Rede e Comisións CI

30 out a 4 de novembro G20 Cannes

Novembro CI Dhaca. Bangla Desh Presentación no CI. Lanzamento convocatoria 2012

Xaneiro Porto Alegre sobre Rio +20 Reunión Comité Org. Internacional?

17 de marzo CI FSM Amed/Diyarbakir Reunión Comité Org. Internacional?

Xuño Rio +20

CI no Magreb?

14 a 18 de Setembro Foro de Foros_Galiza

2012 WSF Future from WSF experiences

Foro Mundial temático en Galicia

Novembro Sobre Palestina, en Brasil

2013 WSF Magreb?

Nenhum comentário: