Traballadores e traballadoras da CRTVG concentrábanse esta mañá diante do Parlamento coincidindo coa votación da Lei dos Medios Públicos, que foi aprobada cos votos a favor do PP e do PSOE e que só tivo os votos en contra do BNG. Denunciaban, como levan facendo desde que se comezou a tramitar o texto, que incrementa o control gobernamental, abre as vías á súa privatización e pon en perigo o emprego.
Diante do Parlamento de Galiza, en medio do temporal, concentráronse unha vez máis os traballadores e traballadoras da CRTVG para demandar que non se aprobara unha lei que finalmente saíu adiante cos votos do PP e do PSOE. Os representantes dos traballadores, que tiñan previsto asistir ao pleno, non puideron facelo ao impedirllo a presidenta da cámara, Pilar Rojo.
Unha lei que mantén a dependencia gobernamental do ente público e o control político da información, que posibilita a súa privatización; que non recoñece o galego como lingua oficial da CRTVG e abre a porta ao uso doutras linguas nas súas emisións e que non dá solución aos graves problemas laborais que ven arrastrando a CRTVG, nomeadamente a situación de inestabilidade e de fraude na contratación temporal; facilita a precarización das condicións salariais e laborais dos traballadores e traballadoras, e pon en perigo a continuidade do emprego estábel e de calidade nos medios públicos galegos.

Nenhum comentário:
Postar um comentário