O SLG chega así ao remate dun proceso que comezou en xaneiro de 2011 co Congreso do Viño, e se desenvolveu ao longo de todo o ano cos congresos sectoriais da Secretaría das Mulleres, da pataca, da horta, da carne e do leite e, durante os últimos dous meses, con asembleas locais en 31 comarcas de Galiza. Precisamente, neste proceso pre-congresual definíronse as políticas e demandas do SLG por sectores produtivos e se elixiron, en paridade de xénero, dous representantes de cada bisbarra e dous por cada sector para formar parte da Dirección Nacional do SLG. Este sábado, tamén con criterios de paridade, elixiranse as vinte persoas (quince titulares e cinco suplentes) para formar a Dirección Nacional do Sindicato Labrego, e á persoa que ocupará a Secretaría Xeral.
Respecto aos eixes de traballo que marcarán o traballo do SLG como organización agraria nos vindeiros catro anos, e que se someterán a debate e referendo da afiliación neste VIII Congreso, Carme Freire adiantou que se agruparán en tres eixes fundamentais:
1.-A loita polos recursos produtivos para a alimentación. Carme Freire denunciou que nos atopamos nun momento decisivo no que debemos defender recursos esenciais para a produción de alimentos como a auga, a terra ou as sementes. Lexislacións e normativas como a Lei de Mobilidade de Terras, a Lei de Montes, a Lei de Augas, ou agresións directas a toda a sociedade como a forestación de terras agrarias, a imposición dos transxénicos na alimentación e na agricultura, a invasión de leiras por cultivos enerxéticos ou a pretensión de utilizar lodos de depuradora como abonos, ameazan con conculcar o dereito dos labregos e labregas a alimentar á sociedade e a poder vivir do seu traballo.
2.-A loita polos servizos públicos para as persoas e para as explotacións. Cada vez se están pechando ou privatizando máis servizos que beneficiaban directamente ás xentes do medio rural ou ás explotacións agrogandeiras; servizos necesarios para que haxa calidade de vida no rural, e mesmo esenciais para a nosa dignidade como persoas. O SLG terá unha fronte de loita aberta contra un proceso privatizador global que xa afectou á sanidade animal e vexetal, ao asesoramento das explotacións, aos seguros agrarios, ás axudas e á investigación; e que ameaza seriamente a cobertura sanitaria e a educación para as persoas que seguen vivindo no medio rural.
3.-A loita por uns prezos e por uns mercados xustos. Prezos e mercados xustos para quen producimos, pero tamén para quen merca os alimentos para comer. Nestes anos que veñen, o SLG terá que traballar en propostas para definir como queremos que sexa a regulación deses prezos e deses mercados, absolutamente necesarias e indispensables para que poidamos vivir da nosa actividade profesional como labregos e labregas; pero tamén para que a cidadanía teña a liberdade de elixir a quen lle merca os alimentos, a que prezo e con que calidade.
Precisamente, o lema “A soberanía alimentaria é garantía de futuro” resume e sintetiza todo o devandito. Para Carme Freire, estas son “propostas ineludibles se queremos seguir vivindo do noso traballo e no medio rural; se queremos seguir ofrecendo á sociedade, amais de alimentos, valores esenciais como a vertebración e dinamización do medio rural, o coidado do medio ambiente e, mesmo, o mantemento dunha cultura que está en grave risco de desaparición”.
Aínda que a reivindicación da soberanía alimentaria é unha loita difícil, Carme Freire afirmou que o Sindicato Labrego Galego continuará nela, tralo VIII Congreso, “con todo o ánimo do mundo, reforzando alianzas precisas na sociedade e alzando a voz para dicir que hai organizacións que cremos no que facemos, que cremos que hai alternativa e futuro para nós e para a sociedade moito máis alá das mercadorías, moito máis alá dos negocios e moito máis alá das multinacionais. A alternativa da soberanía alimentaria é posible; o único que teñen que facer os gobernos é escoitar as nosas propostas, escoitar as demandas dos labregos e das labregas e da sociedade, e despois ter a vontade de aplicalas”.

Nenhum comentário:
Postar um comentário