Com o ruído de sables de fondo, co pobo nas rúas e coas chantaxe permanente do capital fica claro que Grecia fará o que o capital quere e non o que o seu pobo diga nun posíbel referendo que cada vez é máis claro que non se dará. Yorgos Papandreu difilmente poderá superar a moción de confianza que se votará mañá no parlamento despois de que entre bambalines volen os maletíns e dúas deputadas máis do Pasok (Elena Panariti e Eva Kaili) anunciaron esta mañá que non apoiarán ao executivo. Estas dúas baixas únense ás de Elena Apostolakis, que se tornou "independente" (máis ben máis dependente do que nunca dos avoitres capital) após coñecer que Papandreu consultaría ao seu pobo que leva anos sofrendo os desmáns do capitalismo máis salvaxe.
Con estas tres baixas o Pasok perder a maioría absoluta no parlamento e o primeiro ministro grego leva desde as 13:00 horas de hoxe reunido co seu gabinete de urxencia. A democracia máis unha vez é deixada nun segundo plano perante a vontade dos mercados. Ao longo de toda a mañá son moitos os ruxe-ruxe en redes socias, xornais, etc. sobre a dimisión de Papandreu (máis ben dimítenno) o que a súa equipa por en canto desmentiu. Entre tanto, e fóra a Esquerda Radical e o Partido Comunista, a maioría dos mercenarios e ventrílucos do capital repiten o que aquí no Reino de España tamén comezan a defender algunhas voces: un goberno de unidade nacional (onde loxicamente se exclúe todo o que sexa esquerda).
Ao tempo a troika (Eurolandia, o FMI e o BCE) continuan coa chantaxe e suprimindo na práctica toda expresión de democracia e soberanìa helena. Desta volta anuncian que conxelan 8.000 millóns de euros, o que é aínda máis grande cando todos os actores deste xogo macabro (cuxa vítima son millóns de gregos e europeos e non os xogadores) saben que o Estado grego só ten cartos para chegar até mediado o mes de decembro.
Nenhum comentário:
Postar um comentário