Ás 9:45 da noite do 6 de novembro de 1917 (25 de outubro no Calendario Juliano), Lenin ordenou o asalto do Palacio de Inverno en Petrogrado. O palacio foi tomado cara ás dúas da madrugada do 7 de novembro, que sería estabelecido oficialmente como data da Revolución.
A Revolución de Outubro foi un dos máis formidábeis acontecementos da historia, cheo de esperanza, coraxe, ira, xenerosidade, forza de pobo e posta masiva da vida na determinación de transformar as relacións entre os seres humanos e a construción dunha sociedade xusta.
Hai 94 anos Rusia era un país agrario no que pervivían residuos feudais con elementos capitalistas. A clase dominante era a aristocracia terrateniente baixo un réxime monárquico caracterizado pola ausencia de liberdades e dereitos democráticos. No campesinado convivían unha burguesía agraria e un proletariado unidos na reivindicación da terra fronte á burguesía agraria. Mentres tanto, producíase un alto grao de industrialización localizado en zonas concretas, o que favorecía a mobilización dun proletariado que con todo era minoritario fronte aos campesiños. Ademais, o capitalismo ruso dependía en grande medida do investimento estranxeiro e da axuda estatal, o que levaba unha burguesía débil e dependente.
No país máis extenso da terra, onde as multitudes non podían suportar máis a opresión exercida polo réxime, os "indignados" -que non só estaban indignados, senón organizados, concienciados e decididos- uníronse nun só puño contra a burguesía, a revolución campesiña lanzouse contra os terratenentes, a revolución dos soldados levantouse contra a guerra.
94 anos despois daquela fazaña en Rusia, as masas oprimidas en Europa -e no noso país- van en aumento, as liberdades e os dereitos democráticos van en contínuo retroceso. As entidades financeiras fan e desfán á súa antollo, cos seus capataces -unha caste política ao seu servizo-, actuando ás súas ordes de maneira reiterada.
Mentres tanto, millóns de indignados no noso país e en todo o mundo constrúen unha conciencia colectiva oposta ao actual estado de cousas, mais aínda de maneira confusa ideológicamente e pouco organizada, e cunha influencia aínda minoritaria nos mecanismos do sistema, nin sequera para polo contra as cordas.
Non é preocupante, tamén Rusia tivo a súa Revolución de 1905 (de onde xurdiron os soviets) antes da de 1917. Aquel, o de 1905, foi o xerme dun contrapoder que 12 anos despois estaría listo para tomar o poder nas súas mans cando chegou o momento oportuno, aquel 6 de novembro de 1917, cando o comité central dos bolxeviques aprobaba a insurrección, que culminaría na toma do poder polo soviet de Petrogrado; ese mesmo día o congreso dos soviets de toda Rusia ordenaba o paso de todo o poder aos soviets.
Hai 94 anos uníronse o ímpeto revolucionario, a conciencia colectiva, a organización proletaria e o liderado de Lenine para lograr pasar da indignación á Revolución. Nestes días, que quizá non o sexan de liderados persoais, si son máis necesarias que nunca a conciencia (que comeza a espertar), a organización e liderado colectivo de quen non queiran reformar o sistema, senón cambialo. En definitiva e dunha maneira inédita mais necesaria: Repetir Lenine.

Nenhum comentário:
Postar um comentário