05/12/2011

Coidado cos que promoven a austeridade

Paul Krugman. Artigo tirado de Rebelión (aquí) e traducido por nós.

Explotando a afinidade para combater as protestas en Estados Unidos

Mentres miro como vira a política en torno ao movemento Ocupemos Wall Street, termino pensando en Bernie Madoff. Síganme a idea; mesmo talvez teña sentido. O asunto Madoff, como saberá, foi un caso clásico de "fraude de afinidade". Madoff puido gañarse a confianza de moitos xudeus adiñeirados e de persuadilos de que era dos seus. Esta fraude está detrás de moitas estafas financeiras, e tamén políticas.

Neste momento, a campaña contra Ocupemos Wall Street basicamente tenta lograr que a clase traballadora estadounidense dea as costas ao movemento, a pesar de que a maioría da xente apoia as súas metas, tentando aparentar que os manifestantes non son como eles, mentres que os plutócratas si o son. Imos! Isto funcionou moitas veces na historia. E pode operar en moitas direccións: Ocupemos Wall Street debe rexeitarse porque son hippies suxos; Elizabeth Warren, candidata a senadora polo estado de Massachusetts, non é como vostede porque, Deus meu, é catedrática de Harvard.

E agora que o penso, a teoría xeneralizada da fraude de afinidade esténdese máis aló da política até cousas como a análise financeira. Ocasionalmente marabilloume a persistente popularidade dos inflacionistas de Wall Street, quen se equivocaron en todo. Sospeito que se debe en moito a que os economistas que pronuncian advertencias calamitosas, respecto dos déficits e o aumento da base monetaria ven como o tipo de xente cos que lles gustaría pasar o intre nun campo de golf, cousa que non sucede cos profesores barbados.

Entón, que temos que facer? Dentro de certos límites, deberiamos tentar acalar a disonancia social innecesaria. Se vai ter unha manifestación en nome da clase traballadora estadounidense, esquecer dos círculos de tambores. Os guerreiros clasistas da dereita queren convencer á xente que realmente se trata dunha guerra cultural, e vostede non debe facilitar o seu traballo. Pero hai límites. Non, non vou empezar a practicar golf.

Europa debería coidarse de certos líderes

Alan Cowell escribiu un artigo interesante publicado o 14 de novembro en The New York Times, onde contrastou as actitudes públicas actuais cara á austeridade coas actitudes cara á austeridade que eran a norma na Grande Bretaña da Posguerra, fermosamente descritas polo finado Tony Judt. Tal como sinálao Cowell, unha diferenza importante é que, nese entón, o sacrificio era compartido: "Antes de morrer da enfermidade de Lou Gehring en 2010, o historiador Tony Judt lembrou os seus días de infancia xusto despois da Segunda Guerra Mundial nunha debilitada Grande Bretaña, que lentamente cedía o seu imperio e preeminencia. A roupa estivo racionada até 1949, os mobles utilitarios sinxelos e baratos até 1952, os alimentos até 1954", escribiu nas súas memorias, concluíndo que a austeridade "nesa época era máis que unha condición económica, aspiraba a ética pública".

Cowell continuou: "Ao enfrontar o seu problema de débeda masiva... Europa parece perder de vista o feito de que xa o viviu antes; que a xeración do baby-boom atopou as súas raíces na austeridade da Posguerra; que, como o suxeriu Judt, a enorme riqueza dos últimos anos dificilmente puido imaxinarse, mentres a xente esforzábase por sacudirse o pesimismo da Guerra".

Pero, tamén, hai outras diferenzas, discutibelmente mesmo máis cruciais. Primeiro, na Grande Bretaña da posguerra houbo racionamento; o consumo material foi deprimido. Aínda que había pleno emprego, segundo datos históricos británicos. Isto é enormemente importante. Toda a evidencia que vin di que o custo psicolóxico do desemprego é moito maior que a perda do ingreso (coñezo xente que anda ben de diñeiro, pero que está profundamente deprimida porque non pode atopar traballo). Por iso, é tan parvo dicir, como algúns, que as cousas non están tan mal en Estados Unidos neste momento, porque o consumo per cápita segue sendo alto baixo estándares históricos.

En segundo lugar, a austeridade da posguerra en Gran Bretaña foi motivada por límites obvios e reais de recursos. En particular, as divisas escaseaban. Nun nivel básico, a xente sabía por que se racionaban as cousas: Gran Bretaña gastara fortemente na guerra, así que tiña que apertarse o cinto para pagar a súa débeda.

Actualmente, en contraste, está a imporse a austeridade porque homes de traxe din que é necesaria para satisfacer aos deuses invisíbeis dos mercados financeiros. É comprensíbel que o público estexa a empezar a ter as súas dúbidas, e non só porque eses deuses invisíbeis en certa forma só esixan sacrificios dos traballadores, nunca dos ricos. O feito é que estes homes de traxe non teñen idea do que fan, isto quedounos claro a varios desde o principio, pero agora estase facendo de coñecemento xeral.

Entón, se quere contrastar o estoicismo do pobo da posguerra coa ira e confusión dos votantes actuais, non culpe ao consumismo; culpe aos nosos líderes, quen impuxeron un sufrimento inxusto e gratuíto sobre a súa base electoral. E esta finalmente está a empezar a comprendelo.

Nenhum comentário: