Mario Monti, presidente do BCE. |
O BCE pon como conditio sine qua non que para reactivar o seu programa de compra de débeda pública española o Estado deberá acometer "axustes", ou sexa unha intervención en toda regra mais "branda" e sen o FMI aínda en primeira liña. En materia laboral, os "axustes" traduciríanse nunha "devaluación competitiva" dos ordenados e accións contra o desemprego xuvenil, incluíndo unha nova categoría de traballadores con ordenados por baixo do Salario Mínimo Interprofesional (641'4 euros ao mes no Reino de España).
A chantaxe do BCE foi aprobeitada por Mariano Rajoy na discusión cos "axentes sociais" a pasada quinta feira para discutir aspectos da reforma laboral, altamente lesiva para os traballadores, que prepara o PP. Do chantaxe á extorsión.
O BCE aposta pola creación de minijobs como os que se crearon en Alemaña en 2003 para "combater" o desemprego e a economía submerxida. Os minijobs son contratos con soldos, como máximo, de 400 euros mensuais para empregos de "escasa consideración" nos que o traballador non paga impostos e abona as cotizacións sociais de forma "voluntaria" (ou sexa por súa conta e risco).
Nenhum comentário:
Postar um comentário